Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2023 Páx. 23933

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2023, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade do esgotamento do crédito da aplicación 11.04.322C.470.6, prevista na Orde do 8 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Nova oportunidade das persoas traballadoras autónomas, cofinanciado polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TR790A) (Diario Oficial de Galicia número 152, do 10 de agosto).

Primeiro. A Orde do 10 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Nova oportunidade das persoas traballadoras autónomas, cofinanciado polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, prevé o seu financiamento a través das seguintes aplicacións:

a) Aplicación orzamentaria 11.04.322C.470.6, código de proxecto 2017 00021, cofinanciada polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, cun crédito de 4.200.000 €.

b) Aplicación orzamentaria 11.04.322C.472.0, código de proxecto 2017 00021, cun crédito de 767.160 euros, financiada con fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. O artigo 3.2 da Orde do 8 de agosto de 2022 establece que a concesión das subvencións previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario. De ser o caso, de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, publicarase mediante resolución da persoa titular da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.

Terceiro. A Orde do 8 de agosto de 2022 establece no seu artigo 3.3 que, se o orzamento asignado non é suficiente para pagar todas as axudas solicitadas, se aplicará como criterio de prioridade a data de presentación. Para estes efectos, terase en conta a data en que a correspondente solicitude foi presentada de acordo co previsto no artigo 7.2 da citada orde.

En virtude do anterior, a persoa titular da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, por delegación da conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade,

RESOLVE:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito da aplicación orzamentaria 11.04.322C.470.6, código de proxecto 2017 00021, ao abeiro da Orde do 8 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Nova oportunidade das persoas traballadoras autónomas, cofinanciado polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022.

A derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito foi a TR790A-2022-00000657-00, presentada na sede electrónica nos termos recollidos no punto 2 do artigo 7 da convocatoria, o día 28 de outubro de 2022, ás 18.53 horas.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2023

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo
e Economía Social