Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2023 Páx. 24094

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia (CISUG)

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2023 pola que, rematado o prazo de reclamacións en relación coas listas provisionais, se aproban e se fan públicas as listas definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo, polo sistema de acceso libre, para o acceso a prazas de persoal laboral fixo no marco de estabilización do emprego temporal.

Mediante a Resolución do 27 de febreiro de 2023 (DOG núm. 55, do 20 de marzo) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivasen a exclusión ou omisión.

Unha vez rematado o prazo e consonte o establecido nas bases da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobadas e facer públicas as listas definitivas de persoas admitidas e excluídas.

Segundo. Indicar que as listas definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas están expostas na páxina web do CISUG http://www.cisug.gal/

A publicación dos sucesivos anuncios do tribunal serán efectuadas por este na páxina web do CISUG http://www.cisug.gal/

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2023

Julio E. Abalde Alonso
Presidente do Consorcio Interuniversitario
do Sistema Universitario de Galicia