Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2023 Páx. 24093

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadeo

ANUNCIO polo que se aproba inicialmente a modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal en solo urbano.

Aprobado inicialmente por Acordo do Pleno do 4 de abril de 2023 a modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal de Ribadeo, en solo urbano, xunto co estudo ambiental estratéxico, de conformidade cos artigos 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Durante o devandito prazo, poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello no enderezo http://www.ribadeo.gal

O presente anuncio servirá de notificación aos interesados, no caso de que non poida efectuarse a notificación persoal do outorgamento do trámite de audiencia.

Así mesmo, suspéndese o outorgamento das licenzas/comunicacións previas na área afectada por esta modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal cuxas novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente na zona.

Ribadeo, 5 de abril de 2023

Fernando Suárez Barcia
Alcalde