Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 2023 Páx. 24107

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 20 de decembro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2022.

A Orde do 20 de decembro de 2021, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, estableceu as bases e convocou para o ano 2022 as axudas para paliar os danos producidos polo lobo.

Segundo o disposto no seu artigo 22.5, a relación das axudas concedidas publicarase no Diario Oficial de Galicia cando o importe destas, individualmente consideradas, sexa igual ou superior aos 3.000,00 €. Para as de contía inferior, a relación das concedidas e denegadas farase pública a través da páxina web da consellería, nos termos establecidos no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

1. Facer pública na páxina web da consellería as axudas de contía inferior aos 3.000,00 €, así como as denegadas. A ligazón é a seguinte:

https://cmatv.xunta.gal/seccion-tema/c/CMAOT_Conservacion?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Biodiversidade/seccion.html&std=infolobo_galicia.html&sub=publicacions_biodiversidade/

2. Facer pública a aprobación das axudas de contía superior aos 3.000,00 € que se relacionan como anexo a esta resolución, axustándose aos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación, para as cales a directora xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no desenvolvemento das súas funcións, delegadas nas bases reguladoras destas axudas, formulou resolución de concesión:

a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 20 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2022.

b) Aplicación orzamentaria: 08.03.541B.470.1.

c) Finalidade da axuda: compensación polos danos ocasionados polos ataques do lobo ás reses das explotacións gandeiras.

d) Destinatarios: propietarios de reses de explotacións gandeiras.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2023

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural

ANEXO

Expediente

Nome do/da beneficiario/a

Importe (€)

Data de resolución

CO/2022/0041

Cancelada Mosquera, S.C.

3.465,50

22.6.2022

CO/2022/0055

Bascoy Sánchez, José Manuel y Otro, S.C.

3.035,30

22.6.2022

LU/2022/0103

Requeijo Chao, S.C.

3.120,00

25.5.2022

LU/2022/0143

González Rodríguez, José Iván

3.703,70

30.5.2022

LU/2022/0178

Xestoselo, S.C.

3.357,90

25.5.2022

LU/2022/0412

Jartín Salgado, María Elva

4.197,52

21.10.2022

PO/2022/0056

Alonso Rodríguez, Avelino

3.357,90

9.12.2022