O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 5 de abril de 2023, aprobou o Protocolo, no ámbito da Administración de xustiza de Galicia, para a prevención, detección, actuación e resolución de situacións de acoso laboral e outras discriminacións no traballo.
Co fin de darlle a maior difusión posible ao antedito protocolo, e para garantir un correcto coñecemento do seu contido,
RESOLVO:
Artigo único
Dar publicidade do Acordo do Consello da Xunta do 5 de abril de 2023 polo que se aproba o Protocolo, no ámbito da Administración de xustiza de Galicia, para a prevención, detección, actuación e resolución de situacións de acoso laboral e outras discriminacións no traballo, cuxo contido poderá ser consultado na seguinte ligazón:
https://intranet.xustiza.gal/xta/rrhh/prevencion-de-riscos-laborais
Santiago de Compostela, 11 de abril de 2023
José Tronchoni Albert
Director xeral de Xustiza