Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 2023 Páx. 24112

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 10 de abril de 2023 pola que se modifica a autorización do CPR Big Formación, de San Cibrao das Viñas (Ourense).

O representante da titularidade do centro privado (CPR) Big Formación, de San Cibrao das Viñas (Ourense) solicita a autorización para impartir o ciclo formativo de grao medio (CM) Coidados auxiliares de enfermaría; e a supresión do ciclo formativo de grao superior (CS) Documentación e administración sanitarias.

Logo de tramitar o expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización do CPR Big Formación para impartir o CM Coidados auxiliares de enfermaría, e suprimir o CS Documentación e administración sanitarias. O centro queda configurado como se sinala a seguir:

Denominación xenérica: Centro privado (CPR).

Denominación específica: Big Formación.

Código do centro: 32020914.

Domicilio: Parque Tecnolóxico de Galicia, edificio CEI-3ª planta.

Localidade: San Cibrao da Viñas.

Concello: 32911 San Cibrao das Viñas.

Provincia: Ourense.

Titular: Academia Trinidad, S.L.

Composición resultante:

a) Modalidade presencial, réxime ordinario:

• CM Coidados auxiliares de enfermaría (1 unidade para 30 postos escolares).

• CM Emerxencias sanitarias (2 unidades, 30 postos escolares cada unha).

b) Modalidade semipresencial e/ou a distancia, réxime de persoas adultas:

• CM Emerxencias sanitarias.

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de Ourense, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado

Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Revisión da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades