Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 2023 Páx. 24272

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Grove

ANUNCIO da provisión dunha praza para a estabilización de emprego.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 248, do 29 de decembro de 2022, así como na sede electrónica do Concello do Grove, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover unha praza de porteiro/a de colexio do cadro de persoal laboral fixo pertencente ao grupo V, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.

O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na sede electrónica da web municipal (https://concellodogrove.sedelectronica.gal/info.0).

O Grove, 11 de abril de 2023

José Antonio Cacabelos Rico
Alcalde