No Boletín Oficial da provincia de Ourense (BOP) núm. 298, do 30 de decembro de 2022, publicáronse a convocatoria e as bases reguladoras dos procesos selectivos convocados polo Concello de Celanova derivados da oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización do persoal temporal ao abeiro do establecido na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.
Mediante acordo da Xunta de Goberno Local en sesión extraordinaria urxente, do día 26.12.2022, aprobáronse a convocatoria do proceso selectivo e as bases reguladoras dos procesos selectivos que se sinalan a continuación:
Denominación da praza |
Tipo de persoal |
Grupo |
Subgrupo |
Escala |
Subescala |
Nº de prazas |
Xornada |
Sistema de acceso |
|
Concurso-oposición (Artigo 2 da Lei 20/2021) |
Concurso (disposición adicional 6ª e 8ª da Lei 20/2021) |
||||||||
Arquitecto/a |
Funcionario |
A |
A1 |
Administración especial |
Técnica |
1 |
Completa |
X |
|
Aux. administrativo/a |
Funcionario |
C |
C2 |
Administración xeral |
Auxiliar |
4 |
Completa |
X |
|
Aux. administrativo/a |
Laboral |
IV |
--- |
--- |
--- |
1 |
Completa |
X |
|
Monitor/a deportivo |
Laboral |
IV |
--- |
--- |
--- |
1 |
Completa |
X |
|
Axente TIC da aula CEMIT |
Funcionario |
C |
C1 |
Administración especial |
Servizos especiais |
1 |
Completa |
X |
|
Axente de emprego e desenvolvemento local |
Laboral |
I |
--- |
--- |
--- |
1 |
Completa |
X |
|
Técnica/o de orientación laboral |
Laboral |
I |
--- |
--- |
--- |
1 |
Completa |
X |
|
Monitor/a deportivo |
Laboral |
IV |
--- |
--- |
--- |
1 |
Completa |
X |
|
Monitor/a deportivo |
Laboral |
IV |
--- |
--- |
--- |
1 |
Parcial (60 % da xornada) |
X |
|
Operarias/os de limpeza de instalacións municipais |
Laboral |
V |
--- |
--- |
--- |
2 |
Completa |
X |
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado de acordo co establecido nas bases reguladoras. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos nos termos establecidos nas propias bases.
Celanova, 12 de abril de 2023
Antonio Puga Rodríguez
Alcalde