Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2023 Páx. 24712

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter provisional, as persoas aspirantes admitidas e excluídas na convocatoria excepcional do proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario.

Mediante resolucións desta dirección xeral do 26, 27 e 28 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 4, do 5 de xaneiro de 2023) realizáronse as convocatorias excepcionais no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario.

A base 6.1 destas resolucións establece que, expirado o prazo de presentación de solicitudes, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se declaren con carácter provisional os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, co motivo da exclusión.

De conformidade coa antedita base, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Declarar, con carácter provisional, as persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, convocado polas resolucións desta dirección xeral do 26, 27 e 28 de decembro de 2022 para o ingreso nas seguintes categorías:

Albanel.

Calefactor/a.

Carpinteiro/a.

Celador/a.

Cociñeiro/a.

Condutor/a.

Electricista.

Enfermeiro/a especialista en Enfermaría do Traballo.

Enfermeiro/a especialista en Obstetricia-Xinecoloxía (matrón/a).

Enfermeiro/a especialista en Saúde Mental.

Facultativo/a especialista en Alergoloxía.

Facultativo/a especialista en Análises Clínicas.

Facultativo/a especialista en Anatomía Patolóxica.

Facultativo/a especialista en Anestesioloxía e Reanimación.

Facultativo/a especialista en Anxioloxía e Cirurxía Vascular.

Facultativo/a especialista en Aparello Dixestivo.

Facultativo/a especialista en Cardioloxía.

Facultativo/a especialista en Cirurxía Cardiovascular.

Facultativo/a especialista en Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía.

Facultativo/a especialista en Cirurxía Pediátrica.

Facultativo/a especialista en Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora.

Facultativo/a especialista en Cirurxía Xeral e Aparello Dixestivo.

Facultativo/a especialista en Dermatoloxía Médico-Cirúrxica e Venereoloxía.

Facultativo/a especialista en Endocrinoloxía e Nutrición.

Facultativo/a especialista en Farmacia Hospitalaria.

Facultativo/a especialista en Farmacoloxía Clínica.

Facultativo/a especialista en Hematoloxía e Hemoterapia.

Facultativo/a especialista en Inmunoloxía.

Facultativo/a especialista en Medicina do Traballo.

Facultativo/a especialista en Medicina Física e Rehabilitación.

Facultativo/a especialista en Medicina Intensiva.

Facultativo/a especialista en Medicina Interna.

Facultativo/a especialista en Medicina Nuclear.

Facultativo/a especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública.

Facultativo/a especialista en Microbioloxía e Parasitoloxía.

Facultativo/a especialista en Nefroloxía.

Facultativo/a especialista en Neurocirurxía.

Facultativo/a especialista en Neurofisioloxía Clínica.

Facultativo/a especialista en Neuroloxía.

Facultativo/a especialista en Obstetricia e Xinecoloxía.

Facultativo/a especialista en Oftalmoloxía.

Facultativo/a especialista en Oncoloxía Médica.

Facultativo/a especialista en Oncoloxía Radioterápica.

Facultativo/a especialista en Otorrinolaringoloxía.

Facultativo/a especialista en Pediatría e as súas áreas específicas.

Facultativo/a especialista en Pneumoloxía.

Facultativo/a especialista en Psicoloxía Clínica.

Facultativo/a especialista en Psiquiatría.

Facultativo/a especialista en Radiodiagnóstico.

Facultativo/a especialista en Radiofísica Hospitalaria.

Facultativo/a especialista en Reumatoloxía.

Facultativo/a especialista en Uroloxía.

Facultativo/a especialista en Xeriatría.

Farmacéutico/a de atención primaria.

Fisioterapeuta.

Fontaneiro/a.

Grupo administrativo da función administrativa.

Grupo auxiliar da función administrativa.

Grupo de xestión da función administrativa.

Grupo técnico da función administrativa.

Investigador-non sanitario-subgrupo A1.

Investigador-sanitario-subgrupo A1.

Investigador-sanitario-subgrupo C1.

Lavandeiro/a.

Limpador/a.

Logopeda.

Mecánico/a.

Médico/a coordinador/a 061.

Médico/a de Admisión e Documentación Clínica.

Médico/a de Hospitalización a Domicilio.

Médico/a de Urxencias Hospitalarias.

Pasador/a de ferro.

Peón.

Perruqueiro/a.

Persoal de servizos xerais.

Persoal técnico de grao medio en Prevención de Riscos Laborais.

Persoal técnico superior.

Persoal técnico superior en Prevención de Riscos Laborais.

Pinche.

Pintor/a.

Técnico/a de saúde de atención primaria.

Técnico/a en Coidados Auxiliares de Enfermaría.

Técnico/a en Farmacia.

Técnico/a especialista de Sistemas e Tecnoloxías da Información.

Técnico/a grao medio.

Técnico/a superior de Sistemas e Tecnoloxías da Información.

Técnico/a superior en Anatomía Patolóxica e Citoloxía.

Técnico/a superior en Dietética.

Técnico/a superior en Hixiene Bucodental.

Técnico/a superior en Imaxe para o Diagnóstico.

Técnico/a superior en Laboratorio de Diagnóstico Clínico.

Técnico/a superior en Radioterapia.

Técnico/a en xestión de Sistemas e Tecnoloxías da Información.

Terapeuta ocupacional.

Traballador/a social.

Segundo. As listas coa relación provisional de admitidos/as e excluídos/as, con indicación do motivo de exclusión, nas distintas categorías, poderán examinarse na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos/concurso de méritos.

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para poder corrixir, de ser o caso, o defecto que motivou a súa exclusión, mediante escrito dirixido á mesma unidade de validación á cal se dirixiu a instancia de participación, que deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos dispoñibles do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disporán do mesmo prazo de reclamación as persoas que, tendo presentado debidamente a solicitude de participación no proceso, non consten como admitidas nin excluídas na relación publicada.

Cuarto. A estimación ou desestimación das solicitudes de emenda entenderase implícita na resolución pola que se aprobe, con carácter definitivo, a relación de admitidos/as e excluídos/as, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2023

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos