O Consello Reitor do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), na súa xuntanza do 22 de decembro de 2022, acordou aprobar as bases da convocatoria que rexerán o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías/grupos II (técnico/a grao medio) e IV (auxiliar administrativo/a), da entidade instrumental ACSUG. No mesmo acordo, o Consello Reitor outorgou ao director da ACSUG a competencia para ditar todas as resolucións necesarias para desenvolver o dito proceso selectivo.
O 29 de decembro de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Resolución do 23 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías/grupos da entidade instrumental ACSUG, que figuran convocadas na oferta pública de emprego extraordinaria recollida no Decreto 79/2022, do 25 de maio, da Consellería de Facenda e Administración Pública (Xunta de Galicia).
O punto segundo do número 5 da base I da citada convocatoria establece que, as persoas aspirantes excluídas provisionalmente disporán dun prazo de dez (10) días hábiles para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión ou, se é o caso, para presentar a xustificación de estar en posesión do Celga requirido. A estimación ou desestimación das ditas peticións de correccións entenderanse implícitas nunha nova resolución do director da ACSUG publicada no DOG pola que se aprobarán as listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas.
De conformidade co exposto,
RESOLVO:
Primeiro
Apróbase a listaxe definitiva dos aspirantes á praza correspondente ao grupo II, categoría 007 (técnico/a grao medio).
DNI |
Nome |
Solicitude |
Celga 4 |
***5982** |
Cabezas Vilas, María Jesús |
Admitida |
Si |
***3089** |
Canosa Rey, Jesús |
Admitida |
Si |
***9841** |
Hermida Bejarano, Isidro |
Admitida |
Si |
***3406** |
Iglesias Domínguez, Francisco Javier |
Excluída (1) |
Si |
***2187** |
Mallo Rey, Marta |
Admitida |
Si |
***6110** |
Vázquez Froján, Luisa María |
Admitida |
Si |
(1) Non se xustifica o título de grao, diplomatura universitaria ou titulación equivalente que, como consecuencia da implantación de novos estudos adaptados ás sucesivas reformas educativas, viñeron substituír as titulacións extinguidas.
Segundo
Apróbase a listaxe definitiva dos aspirantes ás prazas correspondentes ao grupo IV, categoría 001 (auxiliar administrativo).
DNI |
Nome |
Solicitude |
Celga 3 |
***2419** |
Couceiro Novais, María Virtudes |
Admitida |
Si |
***9671** |
Domínguez Martínez, Santiago |
Admitida |
Si |
***9841** |
Hermida Bejarano, Isidro |
Admitida |
Si |
***3406** |
Iglesias Domínguez, Francisco Javier |
Admitida |
Si |
***6554** |
Lameiro Ces, Antonio Manuel |
Admitida |
Si |
***2864** |
Lesta Chapela, Edurne |
Admitida |
Si |
***0160** |
Souto Fidalgo, María Belén |
Admitida |
Si |
***9940** |
Vieito Díaz, Luz María |
Admitida |
Si |
***9158** |
Viñas Mayo, Rubén |
Admitida |
Si |
Terceiro. Acreditación Celga
Todos os aspirantes acreditan estar en posesión do título Celga exixido no grupo e categoría correspondente.
Cuarto. Eventual exclusión de aspirantes
Consonte o disposto no punto segundo do número 5 da base I da convocatoria, o feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos para participar no proceso selectivo. Cando da documentación que deben presentar tras superaren o proceso selectivo se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas aspirantes decaerán en todos os dereitos que puidesen derivar da súa participación.
Santiago de Compostela, 13 de abril de 2023
José Eduardo López Pereira
Director do consorcio Axencia para a Calidade do
Sistema Universitario de Galicia