Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2023 Páx. 24855

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2023 pola que se estima en parte o recurso interposto pola organización sindical CC.OO. contra a Resolución do 27 de outubro de 2022 pola que se aproban as bases da convocatoria pública, mediante concurso-oposición, para cubrir unha praza de xefe/a de equipo e sete de policía portuario, que deixa sen efecto a dita convocatoria.

A Presidencia, mediante a Resolución do 27 de outubro de 2022, aprobou as bases e a convocatoria de referencia, publicada con data do 7 de novembro de 2022 no Diario Oficial de Galicia.

Frente a esta resolución, mediante o escrito do 16 de novembro de 2022, a organización sindical CC.OO. formulou un recurso contra as bases que rexen a convocatoria de prazas na Policía portuaria e os anexos destas.

En vista do informe emitido pola Avogacía Xeral do Estado,

RESOLVO:

Estimar en parte o recurso presentado por Eva Enjo Mallou, en representación da organización sindical CC.OO., contra a Resolución da Presidencia da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa do 27 de outubro de 2022, pola que se aproban as bases da convocaroria de probas selectivas para o ingreso na Policía portuaria, polo sistema de concurso-oposición, de persoal laboral fixo suxeito a convenio colectivo para unha praza de xefe de equipo e sete prazas de policías portuarios.

Deixar sen efecto a convocatoria das probas selectivas para o ingreso na Policía portuaria, polo sistema de concurso-oposición, de personal laboral fixo suxeito a convenio colectivo para unha praza de xefe de equipo y sete prazas de policías portuarios (DOG nº 211, do 7 de novembro de 2022), efectuada pola Resolución da Presidencia do 27 de outubro de 2022.

Ordenar a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Notificarlle a presente resolución á recorrente e informala de que pon fin á vía administrativa, que contra ela só cabe recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co artigo 8.3 da Ley 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vilagarcía de Arousa, 11 de abril de 2023

José Manuel Cores Tourís
Presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa