Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2023 Páx. 24854

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2023 pola que se convoca proceso selectivo para cubrir, polo sistema de concurso-oposición, oito prazas de policía portuaria.

Plazas: oito plazas de policía portuaria.

Tipo de contrato: contrato fixo.

Proceso selectivo: concurso-oposición.

As bases destas convocatorias e as solicitudes estarán á disposición dos/das interesados/as na Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, rúa Peirao Pasaxeiros, nº 1, e tamén na páxina web www.portovilagarcia.es

As solicitudes deberán presentarse no prazo de 20 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, por calquera dos medios previstos na lexislación vixente.

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo faranse públicas polos seguintes medios: taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e páxina web www.portovilagarcia.es

Vilagarcía de Arousa, 30 de marzo de 2023

José Manuel Cores Tourís
Presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría