Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2023 Páx. 24853

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña

ANUNCIO do 17 de abril de 2023 polo que se publicitan a exposición da convocatoria e as bases xerais e específicas reguladoras dos procesos selectivos para cubrir prazas vacantes de persoal laboral mediante o proceso extraordinario de estabilización de emprego público.

Anúnciase a exposición das bases comúns e específicas e a convocatoria do proceso extraordinario de estabilización, aprobado polo Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, en virtude do exixido pola Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, coas normas específicas aplicables aos procesos excepcionais de estabilización do emprego por concurso, así como normas específicas aplicables aos procesos especiais de estabilización do emprego por concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 247, do 30 de decembro de 2022, con rectificación no núm. 71, do 14 de abril de 2023, foron publicadas as anteditas bases xerais e específicas.

As bases e a convocatoria están expostas na seguinte ligazón:

https://sede.turismocoruna.com/sxc/es/informacion/

A Coruña, 17 de abril de 2023

Juan Ignacio Borrego Vázquez
Presidente do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña