Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2023 Páx. 24852

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontedeume

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación das bases específicas e da convocatoria de dúas prazas de administrativo/a incluídas na oferta de emprego público de 2019.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 29, do 10 de febreiro de 2023, publicouse o texto íntegro das bases específicas da convocatoria para a provisión en propiedade con funcionario/a de carreira de dúas (2) prazas de persoal administrativo/a da escala de Administración xeral, subescala administrativa, grupo C, subgrupo C1, nivel 18, que figuran como vacantes no cadro de persoal funcionario do Concello de Pontedeume e que foron incluídas na oferta de emprego público do ano 2019, aprobada pola Xunta de Goberno Local na sesión ordinaria que tivo lugar o 26 de decembro de 2019 e publicada no Boletín Oficial da provincia da Coruña (BOP) núm. 246, do 27 de decembro de 2019 e no Diario Oficial de Galicia núm. 27, do 10 de febreiro de 2020.

As prazas están incluídas na oferta de emprego público do Concello de Pontedeume do ano 2021.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello de Pontedeume (taboleiro electrónico: https://sede.pontedeume.gal), na páxina web municipal e no Boletín Oficial da provincia da Coruña, cando proceda de acordo coas bases específicas da respectiva convocatoria.

Pontedeume, 20 de febreiro de 2023

Bernardo Fernández Piñeiro
Alcalde