Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2023 Páx. 24850

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontedeume

ANUNCIO da convocatoria para a provisión, mediante persoal funcionario e persoal laboral fixo, das prazas incluídas na oferta de emprego público extraordinaria da Lei 20/2021 para a estabilización do emprego temporal.

No Boletín Oficial da provincia (BOP) da Coruña núm. 247, do 30 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases xerais e as convocatorias e bases específicas que rexerán os procesos selectivos das seguintes prazas de persoal funcionario de carreira e de persoal laboral incluídas na oferta de emprego público extraordinaria do ano 2021 (OEP-E 2021) para a estabilización do emprego temporal no Concello de Pontedeume:

Persoal funcionario

Posto

Número de prazas

Sistema acceso

Arquitecto/a técnico/a

1

Concurso

Técnico/a medio en servizos sociais

1

Concurso

Administrativo/a-informático/a

1

Concurso

Auxiliar administrativo/a área de administración xeral

1

Concurso

Auxiliar administrativo/a área económico-financeira

1

Concurso

Auxiliar administrativo/a policía

1

Concurso

Auxiliar administrativo/a servizos sociais

1

Concurso

Auxiliar de policía urbanístico

1

Concurso

Sepultureiro/a

1

Concurso

Persoal laboral

Denominación

Número de prazas

Sistema de acceso

Condutor/a sección recollida de lixo da unidade de limpeza da área de obras e servizos públicos

1

Concurso

Varredor/a sección de limpeza de vías públicas da unidade de limpeza da área de obras e servizos públicos

1

Concurso

Encargado/a punto limpo

1

Concurso

Limpador/a da sección de limpeza de edificios públicos da unidade de limpeza da área de obras e servizos públicos

2

Concurso

Psicólogo/a da unidade de integración e inserción social da área de servizos sociais

1

Concurso

Asistente social da unidade de integración e inserción social da área de servizos sociais

1

Concurso

Animador/a social da unidade de dinamización social da área de servizos sociais

1

Concurso

Educador/a social da unidade de apoio familiar da área de servizos sociais

1

Concurso

Auxiliar de fogar da unidade de apoio familiar da área de servizos sociais

5

Concurso

Normalizador/a lingüístico/a da área de administración xeral e réxime interno

1

Concurso

Conserxe-condutor da área de formación e emprego e desenvolvemento local

1

Concurso

Xardineiro da unidade de parques e xardíns da área de obras e servizos públicos

1

Concurso

Axente de emprego e desenvolvemento local

1

Concurso

Animador deportivo

1

Concurso

Animador cultural.

1

Concurso

Auxiliar policía local

1

Concurso

Condutor/a unidade de obras da área de obras e servizos públicos

1

Concurso-oposición

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria, cando procedan, publicaranse de acordo co previsto nas súas bases reguladoras.

Pontedeume, 18 de xaneiro de 2023

Bernardo Fernández Piñeiro
Alcalde