Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2023 Páx. 24724

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2023 pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso libre e promoción interna, polo sistema de concurso, para o ingreso en diferentes escalas e subescalas para a estabilización de emprego temporal do persoal de administración e servizos.

De acordo coa base cuarta da Resolución reitoral do 1 de decembro de 2022 (DOG do 16 de decembro de 2022) mediante a que se convocou un proceso selectivo de acceso libre e promoción interna, polo sistema selectivo de concurso, para o ingreso en diferentes escalas e subescalas da Universidade de Vigo para a estabilización de emprego temporal do persoal de administración e servizos, esta reitoría, en uso das competencias atribuídas pola Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e polos estatutos da Universidade de Vigo,

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas no devandito proceso de selección e ordenar a súa publicación no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-index.xhtml) e no seguinte enderezo: https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/pas/traballar-uvigo.

Segundo. Consonte a base cuarta da convocatoria, as persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas disporán dun prazo de sete días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para poderen emendar o defecto que motivou a exclusión ou a omisión. Quen dentro do prazo sinalado non emende a exclusión ou alegue a omisión, xustificando o dereito a ser incluído/a na relación de persoas admitidas, será definitivamente excluído/a do proceso selectivo.

Terceiro. Publicar a composición dos tribunais cualificadores que terán a categoría primeira para as prazas dos subgrupos A1, a categoría segunda para as prazas dos subgrupos A2 e a categoría terceira para as prazas dos subgrupos C1 e C2, das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

• Para as prazas dos subgrupos A1 e A2:

– Tribunal titular:

Presidencia: José Benito Rodríguez González, técnico superior de apoio á docencia e investigación, subescala microscopía electrónica, da Universidade de Vigo.

Vogais: María Nieves Atanes Blanco, técnica superior de apoio á docencia e investigación, subescala determinación estrutural e proteómica, da Universidade de Vigo.

Iván Carlos Area Carracedo, profesor titular de universidade da Universidade de Vigo.

Carmen del Rosario Serra Rodríguez, técnica superior de apoio á docencia e investigación, subescala análise de superficies, da Universidade de Vigo.

Secretaría: Juan Aguiar Fernández, técnico superior de tecnoloxías da información e das comunicacións, subescala informática, da Universidade de Vigo.

– Tribunal suplente:

Presidencia: Alejandra Vilas Martínez, técnica superior de tecnoloxías da información e das comunicacións, subescala informática, da Universidade de Vigo.

Vogais: Gerardo Jorge Marraud González, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade Carlos III de Madrid.

Ana Quiroga Fraga, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, subescala biblioteca, da Universidade de Vigo.

María del Mar Fernández Cendón, técnica superior de servizos xerais, subescala igualdade, da Universidade de Vigo.

Secretaría: Sonia Escudero Martínez, técnica superior de apoio á docencia e investigación, subescala determinación estrutural e proteómica, da Universidade de Vigo.

• Para as prazas dos subgrupos C1 e C2:

– Tribunal titular:

Presidencia: Elena Vázquez Losada, escala de xestión, subescala administración, da Universidade de Vigo.

Vogais: José Antonio de la Cruz Rodríguez, escala de xestión, subescala administración, da Universidade de Vigo.

Xoan Manuel Cebro Rodríguez, escala técnica administrativa, subescala administración, da Universidade de Vigo.

Rodrigo Alverte Pivida, técnico especialista de servizos xerais, subescala deportes, da Universidade de Vigo.

Secretaría: Teresita del Niño Jesús Aboal Somoza, axudante de arquivos, bibliotecas e museos, subescala biblioteca, da Universidade de Vigo.

– Tribunal suplente:

Presidencia: Manuel Marcos García, técnico superior de apoio á docencia e investigación, subescala determinación estrutural e proteómica, da Universidade de Vigo.

Vogais: Carlos Cuervo Martínez, técnico superior de tecnoloxías da información e comunicacións, subescala informática, da Universidade de Vigo.

María José Ríos Santomé, escala técnica administrativa, subescala administración, da Universidade de Vigo.

Carlos Mollinedo Lois, técnico especialista de bibliotecas, subescala biblioteca, da Universidade de Vigo.

Secretaría: María Teresa Vetoret Pena, escala de xestión, subescala administración, da Universidade de Vigo.

Vigo, 13 de abril de 2023

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo