Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2023 Páx. 25390

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se autoriza modificar a categoría da escola de navegación de lecer Gallery Trumpets, S.L. (Enal Básica) e recoñecela como escola de navegación de lecer (Enal).

Antecedentes:

A escola de navegación de lecer Gallery Trumpets, S.L. está actualmente inscrita como escola de navegación de lecer (Enal Básica) e solicita a modificación da súa categoría no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer, para recoñecerse como escola de navegación de lecer (Enal).

Consideracións legais e técnicas:

1. Decreto 210/2022, do 1 de decembro, polo que se modifica o Decreto 50/2021, do 11 de marzo, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar (DOG núm. 239, do 19 de decembro de 2022).

2. Real decreto 875/2014, do 10 de outubro, polo que se regulan as titulacións náuticas para o goberno das embarcacións de lecer (BOE núm. 247, do 11 de outubro).

3. Orde do 31 de xullo de 1998, pola que se regulamenta a normativa para o recoñecemento das escolas de navegación de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 164, do 25 de agosto).

4. O Servizo de Ensino e Titulacións Náutico-Pesqueiras analizou a documentación e realizou as correspondentes inspeccións.

A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro é a competente para resolver o expediente.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVE:

Autorizar o cambio de categoría á escola Gallery Trumpets, S.L. (Enal Básica) e inscribila como escola de navegación de lecer (Enal). A citada escola segue mantendo o mesmo número de rexistro (XGEN059) co que foi recoñecida. O domicilio fiscal está situado na avenida Dolores Mosquera, núm. 28, 36650 Pontevedra.

Segundo o artigo 7 da Orde do 31 de xullo de 1998, pola que se regulamenta a normativa para o recoñecemento das escolas de navegación de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia, terá a consideración de centro colaborador da Administración nos temas que lle son propios.

A inscrición no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer ten como finalidade a anotación, seguimento, control e inspección da escola recoñecida. Terá unha vixencia de cinco (5) anos, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, e deberá solicitar a súa renovación transcorrido ese prazo.

A escola está obrigada a comunicarlle ao rexistro calquera cambio que modifique as condicións en que foi recoñecida, como pode ser o cambio do/da instrutor/a ou da embarcación de prácticas.

Así mesmo, a escola poderá perder o seu recoñecemento e darse de baixa no rexistro por non renovar o recoñecemento, por incumprimento das súas obrigas ou por cesamento da actividade por máis de tres anos. A resolución publicarase no DOG.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, desde a notificación da presente resolución, segundo se dispón nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2023

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro