Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2023 Páx. 25283

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se fai pública a inclusión dunhas árbores no Catálogo galego de árbores senlleiras.

En cumprimento do disposto no artigo 4.8 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, modificado polo Decreto 10/2015, do 22 de xaneiro,

RESOLVO:

Primeiro. Facer pública a inclusión da seguinte árbore no Catálogo galego de árbores senlleiras, mediante a Resolución do 8 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural:

Data da solicitude: 12.9.2022.

Código: 163A.

Nome da árbore: Criptomeria xaponesa do Palco da música do Xardín histórico de Mondariz-Balneario.

Especie: Cryptomeria japonica, (Thunb. ex L.f.) D. Don.

Localidade: Mondariz-Balneario.

Concello: Mondariz-Balneario.

Provincia: Pontevedra.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 544.046/4.675.073.

Motivo da catalogación: significación histórica e cultural, estético e paisaxístico.

Segundo. Facer pública a inclusión das seguintes árbores no Catálogo galego de árbores senlleiras, mediante a Resolución do 8 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural:

Data da solicitude: 12.9.2022.

Código: 164A.

Nome da árbore: Alciprestes de Portugal do Xardín histórico de Mondariz-Balneario.

Especie: Cupressus lusitanica Mill.

Localidade: Mondariz-Balneario.

Concello: Mondariz-Balneario.

Provincia: Pontevedra.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 544.069/4.674.955.

Motivo da catalogación: significación histórica e cultural, estético e paisaxístico.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2023.

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural