Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2023 Páx. 25281

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 11 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se convocan os interesados ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación LMT PRS806 no apoio BI6J93D//93-4, no concello de Nogueira de Ramuín, provincia de Ourense (expediente IN407A 2022/140-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócase a todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación LMT PRS806 no apoio BI6J93D//93-4, na Casa do Concello de Nogueira de Ramuín, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Ourense, 11 de abril de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2022/140-3.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Concello: Nogueira de Ramuín.

Instalación: regulamentación LMT PRS806 no apoio BI6J93D//93-4.

Predio núm.

Lugar

Titular

Lugar da convocatoria

Data

Hora

1

Gulfar

Descoñecido

Casa do Concello de Nogueira de Ramuín

23.5.2023

12.00

2

Gulfar

Descoñecido

Casa do Concello de Nogueira de Ramuín

23.5.2023

12.10