Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio infórmase as persoas afectadas pola expropiación da consignación do depósito previo á ocupación e da data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforma LMTA VLG807 no lugar de Casal, no concello de Sanxenxo, que figuran no cadro anexo.
Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Vigo. Na solicitude deberán achegar una copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figura como titular da conta en que se ingresará o depósito.
Vigo, 10 de abril de 2023
Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/278-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: reforma LMTA VLG807 no lugar de Casal.
Concello: Sanxenxo.
| Predio | Referencia catastral | Titular | Data de ocupación | Depósito previo | 
| 1 | 36051A055016250000FK | Descoñecido | 20 de maio de 2023 | 2023/54/87 | 
| 2 | 36051A055015900000FL | Descoñecido | 20 de maio de 2023 | 2023/54/86 | 

 
					
