Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2023 Páx. 25279

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 10 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunican a data de ocupación e o requirimento das follas de valoración nun expediente de expropiación no concello de Amoeiro, provincia de Ourense (expediente IN407A 2022/54-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar... », mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación LMT SAC805 entre os apoios 30-10-B-4 e 30-10-B-13, no concello de Amoeiro, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo.

Ourense, 10 de abril de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2022/54-3.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Instalación: regulamentación LMT SAC805 entre os apoios 30-10-B-4 e 30-10-B-13.

Concello: Amoeiro.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Data de ocupación

11

A Veiga

32003A036001730000YE

Herdeiros de Isaac

Pulido Borrajo

Notificación infrutuosa

27.3.2023