Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2023 Páx. 25289

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ANUNCIO do 10 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, polo que se notifica a resolución dun procedemento sancionador porque, intentada a notificación, esta non se puido efectuar (expediente S-P-08.22).

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural ditou, o 2 de febreiro de 2023, a resolución do procedemento sancionador que se indica, por infracción da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. Intentada a notificación persoal desta resolución, non foi posible efectuala.

Por este anuncio, e segundo dispoñen os artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase a entidade interesada que se indica no anexo para ser notificada por comparecencia dos actos cuxo contido se indica. A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), na sede do Servizo de Vixilancia e Inspección da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, na Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no Edificio Administrativo San Caetano, 3º andar, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU. Transcorrido o prazo sinalado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2023

Mª Carmen Martínez Ínsua
Directora xeral de Patrimonio Cultural

ANEXO

Procedemento sancionador: S-P-08.22 A Guarda (Pontevedra).

DNI/CIF da entidade interesada: V36123594.

Acto notificado: resolución de procedemento sancionador.