Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2023 Páx. 25256

IV. Oposicións e concursos

Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2023 pola que se nomean persoal laboral fixo nas categorías de titulado/a superior en Bioloxía (grupo I, categoría 10), técnico/a especialista en informática (grupo III, categoría 93) e auxiliar administrativo (grupo IV, categoría 1) as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso (25ª convocatoria).

Unha vez rematado o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso como persoal laboral fixo do Intecmar nas categorías de titulado/a superior en Bioloxía (grupo I, categoría 10), técnico/a especialista en informática (grupo III, categoría 93) e auxiliar administrativo (grupo IV, categoría 1), convocado pola Resolución do 21 de decembro de 2022 (DOG número 245, do 27 de decembro), esta presidencia, de acordo co previsto no V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal laboral fixo do Intecmar as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan na proposta formulada pola Comisión de Selección na Resolución do 5 de abril de 2023, publicada no portal web do Intecmar, ordenada de acordo coa puntuación final obtida e que se xunta como anexo a esta resolución.

Segundo. As persoas nomeadas persoal laboral fixo disporán do prazo dun mes para a toma de posesión no destino ofertado con carácter provisional e para a formalización do contrato laboral.

O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición, ante a presidenta do Intecmar no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vilaxoán, 14 de abril de 2023

Rosa Maria Quintana Carballo
Presidenta do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

ANEXO

Nº de prazas

Grupo

Categoría

Descrición da praza

NIF

Apelidos e nome

1

IV

1

Auxiliar administrativo/a

***5009**

Jamardo Rodríguez, María del Carmen

2

IV

1

Auxiliar administrativo/a

***6360**

López Folgar, Cándida

3

III

91

Técnico/a especialista en informática

***6501**

Gómez Mella, Alberto

4

III

91

Técnico/a especialista en informática

***6792**

Rodríguez Ruibal, María Loreto

5

III

91

Técnico/a especialista en informática

***8483**

Pérez Queiro, Juan José

6

IV

1

Auxiliar administrativo/a

***5107**

Caamaño Crespo, Josefa Purificación

7

III

91

Técnico/a especialista en informática

***4617**

Abal Parada, María Dolores

8

I

10

Titulado superior en Bioloxía

***9506**

Allen-Perkins Cáceres, Silvia