Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2023 Páx. 25427

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle na rúa Paraíso número 18-22, Perillo (expediente 2023/PLANEAM/000005-FG 720).

Mediante a Resolución da Alcaldía número 2023001890, do 14 de abril de 2023, acordouse aprobar inicialmente o estudo de detalle para axuste de aliñacións na rúa Paraíso, núm. 18-22, Perillo (Documento R.E. nº 2023006349, do 13.4.2023).

De conformidade co artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 13.30 horas, polo prazo dun mes, para a presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 17 de abril de 2023

Ángel García Seoane
Alcalde presidente