Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2023 Páx. 25428

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pontenova

ANUNCIO polo que se aproba inicialmente e se somete a información pública o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución da ampliación do parque empresarial da Pontenova, Lugo (sector S-PE2).

«4. Expediente 82/2023 de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados pola ampliación do parque empresarial da Pontenova-Lugo (sector S-PE2).

Vista a proposta da Alcaldía do 10 de febreiro de 2023, que literalmente di:

Proposta da Alcaldía.

Expediente 82/2023 de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados pola ampliación do parque empresarial da Pontenova-Lugo (sector S-PE2).

Antecedentes de feito:

1. O Concello da Pontenova, no seu termo municipal, ten as competencias que lle recoñece a Lei do solo e as normas que a complementan e desenvolven, no que corresponde á xestión urbanística en xeral no devandito ámbito municipal.

Este concello ten unhas normas subsidiarias de planeamento aprobadas definitivamente o 23 de abril de 1985, e o réxime transitorio establecido na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Coa modificación puntual aprobada definitivamente no ano 1993, denominada modificación dotacional en NSP, apróbase a delimitación de 14,01 ha de solo urbanizable, co obxecto de promover a formación dun parque empresarial.

Para o desenvolvemento do solo urbanizable industrial, redactáronse dous plans parciais: o primeiro do sector S-7 no ano 1987, e o segundo en 1992 do sector do parque empresarial promovido por Xestur, S.A.

Posteriormente, o plan parcial do sector S-7 foi modificado e, no ano 1997, aprobouse unha modificación conxunta do plan parcial do parque empresarial e do plan parcial do sector S-7 de solo urbanizable para incorporar ao parque superficies asignadas ao sector S-7.

Con posterioridade, redactáronse os seguintes documentos: a modificación puntual das NSP en Goios, parque empresarial aprobada definitivamente o 15 de maio de 2005, e o plan de sectorización do solo urbanizable non delimitado industrial de Goios, aprobado definitivamente o 27 de xullo de 2007.

A última modificación puntual das NSP do concello da Pontenova no ámbito do parque empresarial foi aprobada definitivamente o 21 de xaneiro de 2019.

2. O artigo 85 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, establece que a aprobación dos instrumentos de planeamento urbanístico implicará a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados para os fins da expropiación ou imposición de servidumes.

3. O día 23 de novembro de 2022 e con rexistro de entrada 2022-E-RE-581, Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. (Xestur, S.A.), que actúa como promotor do citado parque empresarial, entregou ao Concello da Pontenova o proxecto de expropiación dos terreos, bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución da ampliación do parque empresarial da Pontenova, Lugo (sector S-PE2).

Na citada expropiación actúa como Administración expropiante o Concello da Pontenova.

Consideracións legais:

– O procedemento do expediente expropiatorio para a execución da ampliación do parque empresarial da Pontenova (sector S-PE2) iníciase en virtude da antedita aprobación inicial do devandito procedemento e de conformidade cos artigos 117.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 290.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, en que establecen que a expropiación se aplicará por polígonos completos e abarcará todos os bens e dereitos neles incluídos.

– O Concello da Pontenova goza de potestade expropiatoria forzosa, en virtude do artigo 4.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

– Trátase dunha expropiación urbanística e, como tal, regulada na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, no Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana, e no Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016.

– O expediente formúlase polo procedemento de taxación conxunta e de acordo co disposto nos artigos 117 e 118 da Lei 2/2016; 42 e seguintes do Real decreto lexislativo 7/2015; e 290 e seguintes do Decreto 143/2016.

– Para os efectos de fixación do prezo xusto, o seu pagamento ás persoas propietarias e a ocupación dos predios afectados, confeccionouse o oportuno expediente, de acordo coa normativa previamente citada. Este expediente tramitarase polo procedemento de taxación conxunta e ten por obxecto a expropiación polo Concello dos bens e dereitos necesarios para a execución da ampliación do parque empresarial da Pontenova, Lugo (sector S-PE2), e Xestur, S.A. ten a condición de beneficiaria da expropiación.

Propoño ao Pleno, de conformidade co previsto no artigo 118.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, a adopción dos seguintes

ACORDOS:

Primeiro. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución da ampliación do parque empresarial da Pontenova, Lugo (sector S-PE2).

Segundo. Someter a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación na provincia, o citado proxecto de expropiación forzosa, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, en particular, no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

O expediente estará exposto polo prazo dun mes á disposición das persoas interesadas no concello da Pontenova, nas oficinas de Lugo de Xestur, S.A., sitas na rúa Ramón Ferreiro, 28, 1º andar, e nas oficinas centrais, sitas no polígono das Fontiñas, Área Central, 1º andar, local 25 Z, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas. Durante o antedito prazo, todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que consideren oportunas dirixidas ao Concello da Pontenova, no enderezo praza do Concello, s/n, 27720 (A Pontenova), así como nos lugares establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Terceiro. Notificar individualmente as valoración ás persoas que aparecen como titulares de bens e dereitos no expediente, mediante traslado literal da correspondente folla de prezo xusto e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formular alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación.

Incorpórase como anexo a relación inicial de bens, dereitos e titulares.

A Pontenova, na data da sinatura dixital. Darío Campos Conde, alcalde. Documento asinado electronicamente.

ANEXO

Relación inicial de bens, dereitos e titulares

Nº exp.

Polí./parc.

Referencia catastral

Titular

Superficie obxecto de expropiación (m²)

1

2/320

27048F00200320

Antonio Lombardero López e Mª del Carmen Reimondo González

1.193,00

2

2/318

27048F00200318

Herdeiros de José Antonio Hogaza García

585,00

3

2/317

27048F00200317

Antonio Lombardero López e Mª del Carmen Reimondo González

41,00

4

2/319

27048F00200319

Perfecta Ogaza Fontangordo

2.549,00

5

2/10312

27048F00210312

Ana Iravedra Iravedra e Javier Iravedra Iravedra

155,00

6

2/5428

27048F00205428

Perfecta Ogaza Fontangordo

1.788,00

7

65184/23

6518423PJ4061N

Herdeiros de Perfecta Domínguez Sequeiro

248,00

8

65184/24

6518424PJ4061N

Julio Miranda Álvarez, María Oliva Seivane Otero, José María Miranda Álvarez e María Dominica Vidueiro Cabodevila

864,00

9

65184/49

6518449PJ4061N

Elena Lamas Liz

453,00

10

65184/25

6518425PJ4061N

Benancio Lastra Enríquez

449,00

11

65184/22

6518422PJ4061N

Kevín Fiallega García, Modesto García Sequeiro, María Nieves García Silván e Luis García Sequeiro

842,00

O alcalde explicou a proposta presentada e, a continuación, o Pleno, en votación ordinaria e por unanimidade dos dez concelleiros/as asistentes dos once que o integran, acada o seguinte

ACORDO:

Único. Aprobar a proposta de Alcaldía en todos os seus termos e aspectos».

A Pontenova, 29 de marzo de 2023

Darío Campos Conde
Alcalde