Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2023 Páx. 25496

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 12 de abril de 2023 pola que se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2023 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, por paralización temporal da actividade marisqueira, ás persoas armadoras e tripulantes das embarcacións afectadas pola veda temporal nos bancos de libre marisqueo da ría de Arousa (Lombos do Ulla, O Boído e Cabío), cofinanciada ao 50 % polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (códigos de procedemento PE406A e PE406B).

BDNS (Identif:): 688916.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas por paralización temporal da actividade de marisqueo desde embarcación con vara nos bancos marisqueiros sublitorais da ría de Arousa (Lombos do Ulla, O Boído e Cabío), sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases reguladoras, as persoas que teñan a condición de persoas armadoras e tripulantes dunha embarcación afectada pola paralización temporal.

Segundo. Finalidade

Esta orde ten por finalidade compensar os efectos da medida de conservación da veda temporal nos bancos de libre marisqueo da ría de Arousa (Lombos do Ulla, O Boído e Cabío) coas axudas de paralización temporal.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 12 de abril de 2023 pola que se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2023 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, por paralización temporal da actividade marisqueira, ás persoas armadoras e tripulantes das embarcacións afectadas pola veda temporal nos bancos de libre marisqueo da ría de Arousa (Lombos do Ulla, O Boído e Cabío), cofinanciada ao 50 % polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (códigos de procedemento PE406A e PE406B).

Cuarto. Importe

Para o ano 2023 as axudas concederanse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria, que figura dotada no orzamento de gastos da Consellería do Mar para o ano 2023, e o importe total máximo das subvencións que se concedan no dito exercicio orzamentario é o seguinte:

Aplicación orzamentaria: 15.02.723A.770.0, código de proxecto 2023.00185, importe total: 4.013.800,00 €, para paralización temporal da actividade pesqueira.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado a partir do día hábil seguinte ao de finalización do período de paralización temporal, é dicir, do 2 de maio ao 2 de xuño.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2023

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar