Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2023 Páx. 25527

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2023 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe/a da Área de Sangue, Compoñentes Sanguíneos e Hemoderivados, convocado mediante a Resolución do 21 de novembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 222, do 22 de novembro).

Convocada por Resolución do 21 de novembro de 2022 (DOG nº 222, do 22 de novembro de 2022), a provisión do posto de xefe/a da Área de Sangre, Compoñentes Sanguíneos e Hemoderivados, esta dirección, en virtude de las competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, de 10 de outubro (DOG nº 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, na Orde de 22 de abril de 2020 (DOG nº 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e no Decreto 142/2015, do 17 de setembro, polo que se crea a Axencia de Sangue, Órganos e Tecidos e se aproban os sus estatutos (DOG nº 197, do 15 de outubro)

RESOLVE:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe/a da Área de Sangue, Compoñentes Sanguíneos e Hemoderivados, convocado pola Resolución do 21 de novembro de 2022 (DOG nº 222, do 22 de novembro).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo I desta resolución.

Terceiro. De conformidade coa base décima da convocatoria, o/a candidato/a nomeado/a será avaliado/a, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da xefatura, por idéntico período de tempo, ou proceder á súa remoción.

Cuarto. O/a aspirante nomeado/a deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cese, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional, ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do/da interesado/a, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado/a nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra esta resolución, poderase interpoñer recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación nos termos dos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2023

María Luísa López García
Directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

ANEXO I

Denominación do posto: xefe da Área de Sangue, Compoñentes Sanguíneos e Hemoderivados da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos.

Nome e apelidos: José Agustín García Costa.

DNI: ***3995** (*).

(*) Ocultase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.