Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2023 Páx. 25526

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

CORRECCIÓN DE ERROS. Anuncio do 30 de marzo de 2023 polo que se dá publicidade da resolución da mesma data pola que se convocan a concurso público prazas de persoal docente e investigador contratado.

Advertidos erros no dito anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia número 67, do 5 de abril de 2023, e referido ao concurso público para a contratación de persoal docente e investigador na categoría de profesorado asociado de prácticas tuteladas da Facultade de Farmacia (4 prazas), cómpre realizar as oportunas correccións no sentido que se indica a seguir:

Na páxina 22495, onde di:

«As solicitudes deberán presentarse, a través do procedemento indicado nas bases da convocatoria, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG)».

Debe dicir:

«As solicitudes deberán presentarse a través do procedemento indicado nas bases da convocatoria, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG)».