Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2023 Páx. 25448

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 1 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2023 destinadas ás entidades locais (código de procedemento MT804B) (Diario Oficial de Galicia número 238, do 16 de decembro de 2022).

O artigo 19 da Orde do 1 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2023 destinadas ás entidades locais (código de procedemento MT804B) establece que, no prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución, se publicará no Diario Oficial de Galicia a relación de subvencións concedidas, con indicación da norma reguladora, entidade beneficiaria, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

En consecuencia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións ao abeiro da Orde do 1 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2023, destinadas ás entidades locais (código de procedemento MT804B), segundo o anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2023

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural

ANEXO

Norma reguladora: Orde do 1 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2023 destinadas ás entidades locais (código de procedemento MT804B).

Crédito orzamentario: 30.000 euros.

Aplicación orzamentaria: 08.03.541B-760.0, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023.

Finalidade: establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para actuacións encamiñadas á conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, regulado polo Decreto 67/2007, do 22 de marzo, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2023.

Expediente, entidades beneficiarias, elemento do Catálogo, aplicación orzamentaria, importe adxudicado:

Nº expediente

Entidade beneficiaria

Elemento do Catálogo

Aplicación orzamentaria

Importe adxudicado (€)

001/2023

Concello de Triacastela

162A

08.03.541B-760.0

4.500,00

002/2023

Concello de Oleiros

67A

08.03.541B-760.0

4.500,00

71A

08.03.541B-760.0

4.500,00