Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2023 Páx. 26276

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia

ANUNCIO de oferta de emprego para cubrir prazas de auditor.

O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) anuncia a convocatoria de prazas de auditor para órgano de control e

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir postos de auditor para toda Galicia; centros de traballo en Lugo, Monforte de Lemos e Vilanova de Arousa.

Segundo. Terán acceso a cubrir a praza titulados superiores, técnicos ou graduados en ciencias, preferentemente referidos á produción e transformación de alimentos. Valorarase experiencia en certificación de produto ecolóxico ou alimentario.

Terceiro. O currículo poderá remitirse, no prazo de dez días desde a publicación deste anuncio, por correo electrónico a seleccion@craega.es

Monforte de Lemos, 20 de abril de 2023

Francisco López Valladares
Presidente do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia