Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2023 Páx. 26277

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.

ANUNCIO polo que se convoca unha praza de director/a de calidade, prevención e ambiente.

Retegal é unha sociedade mercantil pública autonómica, pertencente ao sector público autonómico e adscrita á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, de conformidade co Decreto 252/2011, do 15 de decembro, modificado polo Decreto 9/2021, do 21 de xaneiro, polo que se suprime o Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).

O 21 de marzo de 2023, o Consello de Administración acordou iniciar o proceso de selección para o posto de director/a de calidade, prevención e ambiente de Retegal.

En execución do dito acordo, mediante este anuncio convócase unha praza de director/a de calidade, prevención e ambiente, en réxime de persoal laboral de alta dirección, para a prestación de servizos coa devandita cualificación na citada entidade.

As bases e condicións atópanse na web da entidade solicitante http://www.retegal.es e no seu taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2023

Julián Cerviño Iglesia
Presidente do Consello de Administración de Retegal