Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2023 Páx. 26146

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

ANUNCIO do 18 de abril de 2023 polo que se dá publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca a concurso público unha praza de profesorado permanente laboral.

Publicada a oferta de emprego público de 2022, pola Resolución do 10 de marzo de 2022 (DOG do 21 de marzo).

De conformidade co disposto na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo (BOE do 23 de marzo), do sistema universitario, na Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario, nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), da Xunta de Galicia, e modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro (DOG do 17 de outubro), na normativa pola que se regula o procedemento para a selección de profesorado contratado doutor, aprobada polo Consello de Goberno na sesión do 30 de abril de 2014, esta reitoría fai público que pola Resolución do 18 de abril de 2023 se convoca un concurso para a provisión da seguinte praza de profesorado permanente laboral:

• Oferta de emprego público ano 2022: 1 praza.

A información completa (bases da convocatoria, modelo de solicitude, etc.) pode consultarse no taboleiro electrónico oficial da UDC e na páxina web http://www.udc.es/pdi/concursos/concursos_contratacion/

O prazo de presentación de solicitudes é de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 18 de abril de 2023

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución reitoral do 14.1.2020)
Alberto Valderruten Vidal
Vicerreitor de Profesorado e Planificación Docente