Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2023 Páx. 26147

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2023 pola que se declara deserta a convocatoria para cubrir catro prazas da escala técnica superior de administración, con requisito de idioma, subgrupo A1.

Mediante a Resolución do 25 de novembro de 2021 (DOG do 10 de decembro e BOE do 23 de febreiro de 2022) convocáronse probas selectivas para cubrir catro (4) prazas da escala técnica superior de administración, con requisito de idioma, subgrupo A1, pola quenda de acceso libre.

Unha vez realizado o procedemento selectivo sen que ningunha persoa aspirante o superase, en virtude das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario,

RESOLVO:

Declarar deserta a convocatoria para cubrir catro prazas da escala técnica superior de administración, con requisito de idioma, subgrupo A1.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela