Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2023 Páx. 26141

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso polo sistema de concurso-oposición previsto no artigo 38.d) da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, no corpo da Policía Local de Xinzo de Limia, escala executiva, categoría de inspector (código de procedemento PR461L), convocado pola Orde do 10 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 28, do 9 de febreiro).

No Diario Oficial de Galicia número 28, do 9 de febreiro, publicouse a Orde do 10 de xaneiro de 2023 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca proceso selectivo de acceso polo sistema de concurso-oposición previsto no artigo 38.d) da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, no corpo da Policía Local de Xinzo de Limia, escala executiva, categoría de inspector.

Con data do 10 de abril publicouse no Diario Oficial de Galicia número 68 a Resolución do 29 de marzo de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso polo sistema de concurso-oposición previsto no artigo 38.d) da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, no corpo da Policía Local de Xinzo de Limia, escala executiva, categoría de inspector (código de procedemento PR461L), convocado pola Orde do 10 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 28, do 9 de febreiro).

Esta resolución abriu un prazo de dez días hábiles para emendar os motivos de exclusión ou da non exención da proba de coñecementos de lingua galega.

Finalizado o prazo de emenda e de acordo co expresado na devandita orde de convocatoria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar as listas definitivas de persoas admitidas ao proceso selectivo de acceso polo sistema de concurso-oposición previsto no artigo 38.d) da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, no corpo da Policía Local de Xinzo de Limia, escala executiva, categoría de inspector (DOG núm. 28, do 9 de febreiro).

A lista definitiva de persoas aspirantes admitidas poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.gal

Non hai ningunha persoa definitivamente excluída do proceso.

A lista definitiva de persoas exentas e non exentas da realización da proba de coñecemento da lingua galega poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.gal

Segundo. En sesión que tivo lugar o 13 de abril de 2023, o tribunal designado para cualificar o proceso acordou que o primeiro exercicio do proceso selectivo, correspondente á proba tipo test, terá lugar o día 8 de maio, na aula 5 da Academia Galega de Seguridade Pública, na rúa da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, en chamamento único que se iniciará ás 10.30.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa entidade, ao xuízo do tribunal, bolígrafo azul e lapis número 2.

Non se permitirá a presenza de acompañantes e o persoal aspirante deberá seguir as indicacións e resolucións do tribunal, que son públicas a través da páxina web da Agasp.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer no prazo dun mes, contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, recurso potestativo de reposición perante o director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; ou ben interpoñer no prazo de dous meses recurso contencioso-administrativo de acordo co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Estrada, 25 de abril de 2023

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública