Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2023 Páx. 26139

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso por promoción interna previsto no artigo 38.c) da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, nos corpos da Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector (código de procedemento PR461K), convocado pola Orde do 1 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 28, do 9 de febreiro), e se sinalan o lugar, a data e a hora de realización da primeira proba do proceso.

No Diario Oficial de Galicia número 28, do 9 de febreiro, publicouse a Orde do 1 de febreiro de 2023 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca proceso selectivo de acceso por promoción interna previsto no artigo 38.c) da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, nos corpos da Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector.

Con data do 10 de abril, publicouse no Diario Oficial de Galicia número 68 a Resolución do 29 de marzo de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso por promoción interna previsto no artigo 38.c) da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, nos corpos da Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector (código de procedemento PR461K), convocado pola Orde do 1 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 28, do 9 de febreiro).

Esta resolución abriu un prazo de dez días hábiles para emendar os motivos de exclusión ou da non exención da proba de coñecementos de lingua galega.

Finalizado o prazo de emenda e de acordo co expresado na devandita orde de convocatoria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar as listas definitivas de persoas admitidas ao proceso selectivo de acceso por promoción interna previsto no artigo 38.c) da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, nos corpos da Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector convocado pola Orde do 1 de febreiro de 2023 (DOG núm. 28, do 9 de febreiro).

A lista definitiva de persoas aspirantes admitidas poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.gal

Non hai ningunha persoa definitivamente excluída do proceso.

A lista definitiva de persoas exentas e non exentas da realización da proba de coñecemento da lingua galega poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.gal

Segundo. En sesión que tivo lugar o 13 de abril de 2023, o tribunal designado para cualificar o proceso acordou que o primeiro exercicio do proceso selectivo, correspondente á proba tipo test, terá lugar o día 8 de maio, na aula 5 da Academia Galega de Seguridade Pública, na rúa da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, en chamamento único que se iniciará ás 10.30.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa entidade, ao xuízo do tribunal, bolígrafo azul e lapis número 2.

Non se permitirá a presenza de acompañantes e o persoal aspirante deberá seguir as indicacións e resolucións do tribunal, que son públicas a través da páxina web da Agasp.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer no prazo dun mes, contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, recurso potestativo de reposición perante o director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; ou ben interpoñer no prazo de dous meses recurso contencioso-administrativo de acordo co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Estrada, 25 de abril de 2023

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública