Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 2 de maio de 2023 Páx. 27039

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2023/24.

O artigo 52 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, establece os requisitos de acceso ás ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño.

A Orde do 25 de xuño de 2007 pola que se regula o acceso e a admisión ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, modificada pola Orde do 15 de marzo de 2013 (DOG do 25 de marzo), establece o proceso de admisión para quen non reúna os requisitos académicos establecidos con carácter xeral e para aquelas persoas que, reunindo os requisitos académicos, deben superar a proba específica definida na mesma orde, e autoriza a dirección xeral correspondente, na súa disposición derradeira primeira, para ditar as instrucións necesarias para o desenvolvemento e aplicación do previsto nesa orde.

Por todo o exposto, esta dirección xeral, en virtude das atribucións que lle son conferidas polo Decreto 119/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, resolve convocar as probas de acceso ás ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2023/24, que se rexerán polas seguintes instrucións:

Primeira. Acceso ás ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao medio

1. Modalidades de acceso.

1.1. Terán acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao medio as persoas aspirantes que cumpran calquera dos seguintes requisitos:

a) Estar en posesión do título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria ou título declarado equivalente para os efectos académicos e superar unha proba específica, que se establece no anexo II, punto 1 desta resolución.

As persoas aspirantes que non estean en posesión do título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria ou equivalente deberán ter cumpridos no ano de realización da proba os dezasete anos e superar a proba que substitúe o requisito académico de titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria que se establece no anexo I, punto 1, desta resolución, ademais da correspondente proba específica.

b) A titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria poderase suplir pola acreditación da superación dalgunha das seguintes probas:

– Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou a parte común da proba de acceso ao grao superior de formación profesional.

– Proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso aos ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de ensinanzas deportivas.

– Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

– Proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato para o acceso as ensinanzas artísticas superiores ou para o acceso as ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior.

– Proba que substitúe o requisito académico de titulación para as ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao medio superada en convocatorias anteriores.

1.2. As persoas aspirantes que teñan pendente algunha materia da educación secundaria obrigatoria poderanse presentar á proba específica de acceso, aínda que no momento de formalizar a matrícula deberán acreditar que están en posesión da titulación requirida, e poderán optar á praza solicitada.

1.3. As persoas aspirantes que, estando matriculadas no cuarto curso de educación secundaria obrigatoria, estean pendentes de ser avaliadas, do procedemento de revisión no centro ou de resolución da xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, ao respecto de reclamación das cualificacións do curso 2022/23, deberán realizar igualmente a inscrición no prazo establecido na instrución sexta e poderán realizar a proba específica. De permitir o resultado da avaliación ou da reclamación a obtención do título de educación secundaria obrigatoria, estas persoas serán avaliadas da proba específica realizada.

2. A inscrición para o acceso e a admisión ás ensinanzas artísticas profesionais de grao medio farase de acordo co disposto na instrución sexta desta resolución.

3. As probas de acceso ás ensinanzas artísticas profesionais de grao medio realizaranse nas escolas de arte e superiores de deseño nos días e nas horas que se indican a seguir e de acordo co establecido no anexo I, punto 1 e anexo II, punto 1 desta resolución:

a) Proba que substitúe o requisito académico do título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria: día 21 de xuño, desde as 10.00 ata as 17.00 horas.

b) Proba específica: día 3 de xullo, desde as 10.00 ata as 19.00 horas.

Segunda. Acceso ás ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior

1. Modalidades de acceso.

1.1. Terán acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior as persoas aspirantes que cumpran calquera dos seguintes requisitos:

a) Estar en posesión do título de bacharelato, ou equivalente para os efectos académicos, e superar a correspondente proba específica, que se establece no anexo II, punto 2 desta resolución.

b) Estar en posesión dun título de técnico ou técnica de formación profesional ou título de técnico/a de Artes Plásticas e Deseño, e superar a correspondente proba específica que se establece no anexo II, punto 2 desta resolución.

1.2. As persoas aspirantes que non estean en posesión da titulación requirida deberán ter cumpridos no ano de realización da proba os dezanove anos, superar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato establecida no anexo I, punto 2, desta resolución, e superar a correspondente proba específica que se establece no anexo II, punto 2 desta resolución.

Quedarán exentas de realizar a proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato as persoas aspirantes que teñan superadas algunha das seguintes probas:

– Parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.

– Proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso aos ciclos formativos de grao superior de ensinanzas deportivas.

– Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

– Proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores.

– Proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior superada en convocatorias anteriores.

1.3. As persoas aspirantes que teñan pendente algunha materia de bacharelato poderanse presentar á proba específica de acceso, ben que, no momento de formalizar a matrícula deberán acreditar que están en posesión da titulación requirida, e poderán optar á praza solicitada.

2. A inscrición para o acceso e a admisión ás ensinanzas artísticas profesionais de grao superior farase na secretaría das escolas de arte e superiores de deseño públicas de acordo co disposto na instrución sexta desta resolución.

3. As probas de acceso ás ensinanzas artísticas profesionais de grao superior realizaranse nos días e nas horas que se indican a seguir e de acordo co establecido no anexo I, punto 2 e anexo II, punto 2 desta resolución:

a) Proba que substitúe o requisito académico do título de bacharelato: día 21 de xuño, desde as 10.00 ata as 17.00 horas.

b) Proba específica: día 3 de xullo, desde as 10.00 ata as 19.00 horas.

Terceira. Exención da proba específica de acceso aos ciclos formativos de grao medio e grao superior das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño

1. Ciclos formativos de grao medio.

Estará exento/a de realizar a proba específica de acceso aos ciclos formativos de grao medio das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño quen estea en posesión dun título de técnico ou técnica de Artes Plásticas e Deseño nun ciclo formativo da mesma familia profesional ca do ciclo formativo ao cal se pretende acceder, ou título declarado equivalente.

Igualmente, quen teña superados os cursos comúns de artes aplicadas e oficios artísticos dos plans de estudos establecidos polo Decreto 2127/1963, do 24 de xullo, ou os establecidos con carácter experimental ao abeiro do Real decreto 799/1984, do 28 de marzo, sobre regulación de experiencias en centros de ensinanzas artísticas, así como polo Real decreto 942/1986, do 9 de maio, polo que se establecen normas xerais para a realización de experimentacións educativas en centros docentes e realice a correspondente inscrición nos estudos que queira realizar.

2. Estará exento e exenta de realizar a proba específica de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:

– Título de técnico ou técnica superior de Artes Plásticas e Deseño nun ciclo formativo da mesma familia profesional ca do ciclo formativo ao cal se pretende acceder, ou título declarado equivalente.

– Título de bacharelato, modalidade de artes, ou de bacharelato artístico experimental.

– Título superior ou título de grao en ensinanzas artísticas superiores de Artes Plásticas nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.

– Título superior ou título de grao en ensinanzas artísticas superiores de Deseño, nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.

– Título superior ou título de grao en ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, nas súas diferentes especialidades.

– Licenciatura ou grao en Belas Artes.

– Arquitectura superior ou grao en Arquitectura.

– Enxeñaría técnica en Deseño Industrial ou grao en calquera especialidade de Deseño Industrial.

3. Do mesmo xeito, estarán exentas de realizar a proba específica de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, as persoas aspirantes que, estando en posesión dos requisitos académicos para o acceso conforme o establecido nos artigos 52.1 e 52.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, acrediten ter experiencia laboral de polo menos un ano relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo formativo de grao medio ou de grao superior ao cal se pretende acceder, achegando a certificación da empresa en que adquiriron a experiencia laboral, en que conste especificamente a duración do contrato, a natureza específica da actividade desenvolvida e o período de tempo en que se realizou a dita actividade. No caso de traballadores por conta propia, certificación de alta no censo de obrigados tributarios.

4. Para as persoas aspirantes que opten por esta quenda de acceso reservaranse un mínimo do 50 % das prazas ofertadas en cada ciclo formativo. A prelación para a asignación de prazas será a establecida pola mellor cualificación media do expediente académico do título alegado. En caso de haber máis aspirantes ca prazas ofertadas seguirase o establecido na Orde do 15 de marzo de 2013 pola que se modifica a Orde do 25 de xuño de 2007 pola que se regulan o acceso e a admisión ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño.

5. A inscrición para o acceso e a admisión ás ensinanzas artísticas profesionais pola quenda de acceso sen necesidade de realizar a proba específica de acceso, farase de acordo co disposto na instrución sexta desta resolución.

Cuarta. Acceso para aspirantes con discapacidade

1. Para as persoas aspirantes que presenten discapacidade de, polo menos, o 33 % reservarase un mínimo do 5 % do total das prazas dispoñibles en cada ciclo formativo, de tal xeito que, cando o número total de prazas ofertadas sexa menor ou igual a 20, reservarase unha praza, e, cando o número total de prazas ofertadas sexa de 21 a 30, reservaranse dúas prazas.

2. Estes aspirantes poderán requirir a adaptación que corresponda para a realización das probas de acceso ás ditas ensinanzas. Para tal efecto, deberá presentar, xunto co formulario de inscrición, a documentación que acredite oficialmente a súa discapacidade e unha solicitude de adaptación dos medios e condicións de realización da proba de acceso que corresponda.

3. Con independencia do disposto no punto anterior, tamén poderán solicitar a adaptación das probas as persoas diagnosticadas que a precisen. A solicitude de proba adaptada farase constar expresamente na inscrición e xuntaráselle a xustificación documental cun informe médico e informe psicopedagóxico, se os houber, en cumprimento do Decreto 229/2011, do 7 de decembro.

4. A adaptación da proba que deben superar estas persoas deberá respectar o esencial dos referentes de avaliación establecidos para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou grao superior, segundo corresponda.

5. Correspóndelle á Comisión de Avaliación encargada da organización, realización e cualificación de cada proba adoptar as medidas precisas e adaptar os medios e as condicións de realización da proba co obxecto de permitir que os/as aspirantes con discapacidade poidan realizar a proba correspondente en condicións de igualdade que o resto de aspirantes.

6. Os centros de inscrición comunicarán a resolución de adaptación da proba ás persoas que a solicitasen.

Quinta. Acceso para deportistas de alto nivel e/ou alto rendemento

Conforme o establecido na Orde do 15 de marzo de 2013, aos aspirantes ao acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño mediante a superación da proba específica de acceso coa condición de deportista de alto nivel e/ou rendemento reservaráselles un mínimo do 5 % do total das prazas dispoñibles en cada ciclo formativo, de tal xeito que, cando o número total de prazas ofertadas sexa menor ou igual a 20, reservarase unha praza, e, cando o número total de prazas ofertadas sexa de 21 a 30, reservaranse dúas prazas.

Para tal efecto, deberán presentar, xunto co formulario de inscrición, a documentación que acredite oficialmente a súa condición de deportista de alto nivel e/ou rendemento.

Sexta. Inscrición xeral para o acceso e a admisión aos ciclos formativos de grao medio e grao superior de Artes Plásticas e Deseño

1. A inscrición para o acceso e a admisión farase na Secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño pública elixida en primeiro lugar, na que se impartan as correspondentes ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, ou ben telematicamente mediante a ligazón habilitada na aplicación CodexPro na páxina web da escola.

As persoas aspirantes que desexen cursar ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño en centros privados autorizados terán que realizar a súa inscrición na Secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño pública a que estea adscrito o centro privado autorizado de artes.

2. O prazo de inscrición para as persoas aspirantes que soliciten realizar a proba que substitúe o requisito académico de titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria ou de bacharelato, comprende desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 12 de xuño. A inscrición para as persoas aspirantes que só teñan que realizar a proba específica e para as que solicitan exención de probas comprende desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 22 de xuño.

Para tal fin, as escolas de arte e superiores de deseño deberán expor nos seus taboleiros de anuncios e nas súas páxinas web a seguinte información:

a) Normativa reguladora de admisión do alumnado.

b) Prazas que oferten nos diferentes ciclos que teñan autorizados, indicando o número de prazas por cada quenda de acceso.

c) Calendario de publicación da relación de alumnado admitido, así como dos prazos para presentar reclamacións.

d) Calendario e normas para formalizar a matrícula.

3. Para a formalización das solicitudes de acceso e admisión, as escolas de arte e superiores de Deseño que impartan estas ensinanzas facilitaranlles ás persoas interesadas o modelo para tal efecto ou o acceso á aplicación informática CodexPro na que facer a inscrición.

Unha vez cuberto, entregarase unha única solicitude na Secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño, ou no correo electrónico desta, á cal se queira acceder como primeira ou única opción, xunto coas copias cotexadas da documentación que proceda, segundo o caso, para a acreditación dos datos consignados:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante. Pasaporte ou documento de identificación da Unión Europea, cando non se dispoña do DNI ou NIE.

b) Título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria ou bacharelato, ou documento en que figure ter realizado o depósito do correspondente título, ou libro de cualificacións da educación secundaria obrigatoria ou de bacharelato, ou ben o certificado de estudos en que figuren as cualificacións das diferentes materias cursadas e ter realizado o depósito do correspondente título.

c) Título de técnico ou técnica de Formación Profesional.

d) Titulo de técnico ou técnica de Artes Plásticas e Deseño.

e) Certificado de superación da proba que substitúe o requisito académico de titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria ou do título de bacharelato, para ciclos formativos de grao medio ou grao superior (segundo corresponda) das ensinanzas artísticas profesionais en convocatorias anteriores.

f) Certificado de superación da proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores.

g) Certificado de superación da proba de madureza de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou grao superior de ensinanzas deportivas.

h) Certificado de superación da proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

i) Proba para o acceso á ciclos formativos de grao medio ou grao superior de formación profesional, segundo corresponda.

j) Título correspondente á quenda de acceso sen proba específica e o certificado de nota media do devandito título.

k) Acreditación de ter experiencia laboral de, polo menos, un ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo a que se queira acceder.

l) Documentación que acredite oficialmente ser deportista de alto nivel e/ou rendemento.

m) Documentación que acredite oficialmente a discapacidade do 33 % da persoa aspirante e a solicitude de adaptación dos medios e condicións de realización da proba de acceso que corresponda.

n) Certificado de adaptación das probas para o alumnado diagnosticado que o precise e o solicite.

4. As persoas aspirantes que deban realizar a proba que substitúe o requisito académico de titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria ou do título de bacharelato farano constar na epígrafe correspondente da inscrición. No caso de non superar esta proba, non serán admitidos na proba específica.

5. As persoas aspirantes que estean pendentes da avaliación final do ciclo formativo, ou da cualificación do proxecto/obra final, para a obtención dun título de técnico/a ou técnico/a superior en Artes Plásticas e Deseño na convocatoria de xuño do ano académico 2022/23 e, en consecuencia, non dispoñan do título de técnico/a ou técnico/a superior antes da fin do prazo de inscrición, deberán igualmente formalizar a súa inscrición para o acceso e a admisión ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, farano constar na epígrafe correspondente da inscrición, e deberán presentar a certificación de ter solicitado o dito título para a formalización da matrícula no prazo ordinario establecido.

6. Na solicitude deberanse indicar, por orde de preferencia, o ciclo formativo de grao medio ou grao superior que desexan cursar, así como a escola a que desexan acceder. Poderanse solicitar un máximo de catro opcións. Igualmente, as persoas aspirantes deberán indicar na solicitude a Escola de Arte e Superior de Deseño de Galicia na que queren realizar as devanditas probas.

Sétima. Publicación das listaxes de inscrición para o acceso e admisión aos ciclos formativos de Artes Plásticas e Deseño de grao medio e de grao superior

1. Listaxe de persoas admitidas e excluídas para a realización das probas que substitúen o requisito académico de titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria ou do título de bacharelato.

– Listaxe provisional: publicarase nos taboleiros de anuncios e nas páxinas web das escolas de arte e superiores de deseño de Galicia o día 14 de xuño.

As persoas aspirantes que detecten erros ou exclusións nas listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao acceso e admisión a ciclos formativos poderán presentar por escrito a correspondente reclamación na escola de arte e superior de Deseño en que se inscribisen, durante os días 15 e 16 de xuño.

– Listaxe definitiva: publicarase o día 20 de xuño no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, http://www.edu.xunta.gal. Igualmente, publicarase nos taboleiros de anuncios e nas páxinas web das escolas de arte e superiores de deseño de Galicia.

2. Listaxe de persoas admitidas e excluídas para realizar as probas específicas de acceso e as que solicitan a exención das ditas probas.

– Listaxe provisional: publicarase nos taboleiros de anuncios e nas páxinas web das escolas de arte e superiores de Galicia o día 26 de xuño.

As persoas aspirantes que detecten erros ou exclusións nas listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao acceso e admisión a ciclos formativos poderán presentar por escrito a correspondente reclamación na escola na que se inscribisen, durante os días 27 e 28 de xuño.

– Listaxe definitiva: publicarase o día 30 de xuño, no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, http://www.edu.xunta.gal. Posteriormente, publicarase nos taboleiros de anuncios e nas páxinas web das escolas de arte e superiores de deseño de Galicia.

Oitava. Comisións de avaliación

1. De acordo co artigo 7 da Orde do 15 de marzo de 2013 pola que se modifica a Orde do 25 de xuño de 2007 pola que se regulan o acceso e a admisión ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, para a resolución das exencións previstas no procedemento de acceso e admisión, así como para a organización, desenvolvemento, avaliación e cualificación das diferentes probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e superior de Artes Plásticas e Deseño, a Dirección Xeral de Formación Profesional nomeará as comisións de avaliación que se consideren necesarias. Para o ano académico 2023/24 son as que figuran no anexo III desta resolución.

2. En caso de ausencia xustificada ante a dirección da escola de arte e superior de Deseño na que teña o seu destino, de calquera membro da comisión de avaliación titular, este será substituído/a polo membro da Comisión de Avaliación suplente que lle corresponda. A suplencia do presidente ou presidenta da comisión avaliadora suplente será autorizada pola Dirección Xeral de Formación Profesional. No caso de ausencia de vogais suplentes, a súa falta será substituída polo/a vogal que siga, segundo a orde en que figuren na disposición que os/as nomeou. Unha vez esgotado o sistema de substitución dos/das vogais anteriormente citado, se aínda non se pode constituír a comisión avaliadora, a suplencia será autorizada desde a Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas.

3. A Comisión de Avaliación é o órgano competente para avaliar, cualificar e resolver sobre as probas de admisión. Nos centros públicos, as direccións das escolas de arte e superiores de Deseño serán as responsable do estrito cumprimento das normas xerais sobre a admisión do alumnado e correspóndelle á Xunta de Escola garantir o seu cumprimento. Nos centros autorizados de arte, as persoas titulares serán as responsables do estrito cumprimento das normas xerais sobre a admisión do alumnado.

As comisións de avaliación tomarán como criterios de avaliación os que se indican nos anexos I e II desta resolución.

4. As comisións de avaliación resolverán o que proceda no prazo dun día e remitirán por correo electrónico (sereap@edu.xunta.gal) á Dirección Xeral de Formación Profesional a documentación relacionada co proceso de admisión.

5. As listaxes que sexan enviadas á Dirección Xeral de Formación Profesional a través do enderezo electrónico sereap@edu.xunta.gal deberán estar ordenadas alfabeticamente e cando se trate de listaxes de cualificación deberán, ademais, presentar a cualificación nunha escala numérica do 0 ao 10, expresada con dous números decimais.

6. O/a presidente/a de cada Comisión de Avaliación expedirá a certificación da cualificación obtida por cada aspirante segundo o modelo do anexo IV e as ditas certificacións quedarán depositadas e custodiadas pola escola na que se realizaron as probas. As persoas aspirantes poderán retirar as ditas certificacións e quedará na escola en que se realizou a proba unha copia na cal conste a data e a sinatura do/da aspirante que a retira.

7. Unha vez rematado definitivamente o proceso de matrícula, as escolas deberán solicitar as ditas certificacións ás escolas nas que se realizaron as probas e integralas no expediente académico do seu alumnado.

Novena. Distribución da oferta e criterios para a asignación de prazas

1. O día 13 de xullo publicarase no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, http://www.edu.xunta.gal a listaxe de persoas con asignación de praza e as persoas que quedaron na lista de espera, por ciclo formativo e centro, con expresión da orde de preferencia respecto de ciclo e escola de arte e superior de Deseño manifestado na súa inscrición, cualificación obtida e número de orde.

2. Unha vez rematado o prazo ordinario de matrícula, e no caso de que non se cubrisen todas as prazas ofertadas, publicarase o día 20 de xullo no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, http://www.edu.xunta.gal, a listaxe de persoas en espera que obtiveron praza deste xeito, e o número de prazas vacantes en cada ciclo formativo, se aínda as houbese.

3. Para a distribución da oferta de prazas en cada ciclo formativo e para a prelación na asignación das prazas ofertadas, observarase o disposto na Orde do 15 de marzo de 2013 pola que se modifica a Orde do 25 de xuño de 2007 pola que se regulan o acceso e a admisión ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño.

4. No caso de aspirantes que aleguen para o acceso a posesión dun título de técnico/a ou técnico/a superior en Artes Plásticas e Deseño, a cualificación media do seu expediente académico calcularase segundo se dispón no artigo 9.4 da Orde do 9 de setembro de 2004 pola que se regula a avaliación e a acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño de réxime especial na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 29 de setembro). No resto dos casos, a cualificación media do expediente calcularase segundo dispoña a normativa que regula o currículo cursado pola persoa aspirante. E no caso de non existir especificación, a nota media do expediente será a media aritmética das cualificacións acadadas nos diferentes módulos ou disciplinas dos estudos alegados para o acceso ao ciclo formativo, expresada con dous números decimais.

5. Para os efectos do cálculo da cualificación media do expediente académico das persoas que soliciten acceder aos ciclos formativos, aplicaranse as seguintes equivalencias, agás que no seu expediente consten explicitamente as cualificacións numéricas das materias, caso en que serán as que se teñan en conta:

Suficiente/aprobado: 5,5.

Ben: 6,5.

Notable: 7,5.

Sobresaliente/matrícula de honra: 9,0.

O resultado de aplicar a táboa de equivalencias indicada expresarase coa media aritmética das diferentes materias que integran os cursos dos respectivos plans de estudo expresada co cualificación numérica con dous números decimais. Para determinar a cualificación media do expediente académico non se considerarán as materias ou áreas que o alumnado teña validadas ou das cales estea exento/a.

6. Unha vez aplicados os criterios establecidos para a asignación das prazas ofertadas, de haber empate entre dúas ou máis persoas aspirantes, a asignación da praza farase mediante sorteo público.

7. En cada escola de arte e superior de Deseño ofertaranse as prazas dispoñibles para cada módulo da súa oferta modular das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño. As condicións, os criterios e as probas de acceso serán os mesmos que os regulados para os ciclos formativos das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, segundo o establecido nesta resolución. No caso de que queden prazas vacantes unha vez resolto o proceso de admisión, as ditas vacantes poderán ser ofertadas ás persoas aspirantes que desexen cursar módulos sen a superación das correspondentes probas de acceso. Neste caso, as prazas asignaranse por estrita orde de chegada da súa inscrición. Este alumnado poderá obter unha certificación das capacidades acadadas.

8. Para a admisión nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño teranse en conta os criterios de admisión establecidos na Orde do 25 de xuño de 2007, modificada pola Orde do 15 de marzo de 2013, para a correcta asignación das prazas.

9. Para cada ciclo formativo constituirase, con carácter xeral, un único grupo de alumnado por escola. O número de alumnos e alumnas de cada grupo dependerá das características pedagóxico-didácticas, das posibilidades das instalacións e dos medios de cada ciclo e escola en particular, e non deberá ser superior a 30 alumnos/as en ningún caso; non se cuantificará, para estes efectos, o alumnado repetidor. Calquera modificación deste límite requirirá autorización previa e expresa da correspondente xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

10. A posta en marcha de cada ciclo formativo estará condicionada á existencia dun número mínimo de 10 alumnos e alumnas; non se cuantificará, para estes efectos, o alumnado repetidor. Calquera modificación deste límite requirirá a autorización previa e expresa da Dirección Xeral de Formación Profesional.

Décima. Matrícula e constitución de grupos de ciclos formativos

1. Para a formalización das solicitudes de matrícula, as escolas facilitaranlles ás persoas aspirantes o modelo correspondente ou a ligazón á aplicación informática en que realizarán a solicitude de matrícula. Unha vez cuberto, entregarase unha única solicitude na secretaría da escola, que se xuntará á documentación xa presentada. A non formalización de matrícula no prazo establecido, agás causas debidamente xustificadas que valorará a dirección da escola de arte e superior de Deseño correspondente, implicará a perda do dereito a acceder a estas ensinanzas no curso 2023/24.

2. As persoas aspirantes que obteñan praza asignada nas listaxes publicadas o día 13 de xullo deberán formalizar a súa matrícula os días 14, 17 e 18 de xullo.

Unha vez rematado este prazo ordinario de matrícula, as escolas remitiranlle á Dirección Xeral de Formación Profesional mediante correo electrónico (sereap@edu.xunta.gal) a relación de persoas aspirantes matriculadas.

A relación de prazas asignadas, de prazas vacantes e a lista de espera publicarase o día 24 de xullo para os ciclos formativos de grao medio e de grao superior, no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades http://www.edu.xunta.gal. Igualmente, publicarase nos taboleiros de anuncios e nas páxinas web das escolas de arte e superiores de Deseño de Galicia.

As persoas que obteñan praza asignada na listaxe publicada o día 24 de xullo deberán formalizar a súa matrícula entre os días 26 e 27 de xullo.

3. O día 28 de xullo, as escolas de arte e superiores de Deseño remitirán á Dirección Xeral de Formación Profesional a lista de alumnado matriculado, así como a relación de prazas vacantes.

4. As escolas de arte e superiores de deseño poderán convocar probas extraordinarias para o acceso a aqueles ciclos formativos de grao medio e de grao superior en que haxa prazas vacantes.

4.1. No caso de quedaren prazas vacantes no mes de xullo, as escolas de arte e superiores de Deseño poderán convocar probas extraordinarias, e estas realizaranse nos primeiros días de setembro cun calendario unificado entre os centros educativos convocadores, e será o último día de inscrición o 1 de setembro, tanto para os ciclos formativos de grao medio como para os de grao superior.

4.2. Estas probas extraordinarias terán lugar en cada escola de arte e superior de Deseño que teña prazas vacantes. Serán organizadas, supervisadas, avaliadas e cualificadas polo mesmo tribunal que fose nomeado para a organización, supervisión, avaliación e cualificación das probas de acceso realizadas no mes de xullo, e atendendo ao recollido na instrución oitava desta resolución.

4.3. Estas probas realizaranse de acordo co establecido nesta resolución, e os prazos, calendario e listaxes faranse públicos na páxina web de cada escola de arte e superior de Deseño convocadora. Cada tribunal publicará no taboleiro de anuncios e na súa páxina web as cualificacións definitivas da proba específica para o acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior o 11 de setembro.

Décima primeira. Reclamacións e recursos

1. Os acordos e as decisións sobre o acceso e admisión do alumnado, tomados polas comisións avaliadoras, poderán ser obxecto de reclamación, ante o mesmo órgano que os ditou, no prazo de dous días hábiles. Estes órganos deberán resolver as reclamacións no prazo dun día hábil.

2. Contra as resolucións das reclamacións emitidas polas comisións avaliadoras a persoa interesada poderá interpor recurso de alzada nos termos que figuran no artigo 16 da Orde do 25 de xuño de 2007.

Décima segunda. Validez das probas de acceso

1. De acordo co artigo 17.3 do Real decreto 596/2007, do 4 de maio, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, as probas de acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao medio e de grao superior terán validez en todo o territorio nacional, e a súa superación dará dereito a matricularse conforme a normativa vixente no ciclo formativo correspondente, sen prexuízo da normativa de admisión en cada comunidade autónoma e da dispoñibilidade de prazas nos diferentes centros.

2. As probas que substitúen o requisito académico de titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria e do título de bacharelato para o acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, terán validez permanente en todo o territorio nacional.

Décimo terceira. Arquivamento e destrución das probas

As escolas de artes e superiores de Deseño de Galicia serán as encargadas do arquivamento das probas durante un mínimo de tres meses tras a súa finalización. Transcorrido este período, poderá procederse á destrución das probas contra as cales non se formule reclamación. No caso das probas obxecto de reclamación, a documentación conservarase durante un período de cinco anos ou ata a resolución definitiva da devandita reclamación.

Décimo cuarta. Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais solicitados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, coa finalidade de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2023

María Eugenia Pérez Fernández
Directora xeral de Formación Profesional

ANEXO I

Estrutura, contidos e cualificación da proba que substitúe o requisito académico de titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria e de titulación de bacharelato

1. As probas realizaranse nas escolas de arte e superiores de Deseño nas que estean inscritas as persoas aspirantes:

EASD Antonio Faílde, avenida da Universidade, A Cuña, nº 18, en Ourense.

EASD Mestre Mateo, rúa Virxe da Cerca, nº 32, en Santiago de Compostela.

EASD Pablo Picasso, rúa Os Pelamios, nº 2, na Coruña.

EASD Ramón Falcón, paseo dos estudantes, s/n, en Lugo.

Realizaranse o día 21 de xuño, desde as 10.00 ata as 17.00 horas:

Primeira parte: desde as 10.00 ata as 13.00 horas.

Segunda parte: desde as 16.00 ata as 17.00 horas.

Calquera posible variación sobre este calendario requirirá autorización expresa da Dirección Xeral de Formación Profesional.

2. A proba que substitúe o requisito de titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria para os ciclos formativos de grao medio das familias profesionais de Artes Plásticas e Deseño constará de dúas partes:

Primeira parte: o contido da proba de acceso que substitúe o requisito académico de titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria terá relación cos obxectivos xerais recollidos no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, e valorará a madureza intelectual necesaria para cursar con aproveitamento o correspondente ciclo formativo, acreditada a través do dominio das capacidades lingüísticas, de razoamento e de coñecementos fundamentais, relacionadas coas ensinanzas a que aspira.

Os/as aspirantes seleccionarán tres dos seguintes cuestionarios:

– Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen sobre lingua galega a partir dun texto escrito.

– Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen sobre lingua castelá a partir dun texto escrito.

– Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen referidas a contidos socioculturais.

– Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen referidas a contidos científico-tecnolóxicos.

Segunda parte:

– Educación plástica e visual: versará sobre contidos relacionados coa educación plástica e visual. Consistirá na realización dun exercicio de composición de libre interpretación e técnica, baseado nun modelo proposto.

3. A proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato para os ciclos formativos de grao superior das familias profesionais de Artes Plásticas e Deseño constará de dúas partes:

Primeira parte: o contido da proba de acceso que substitúe o título de bacharelato versará sobre as materias comúns do currículo do bacharelato:

– Lingua Galega e Literatura.

– Lingua Castelá e Literatura.

– Lingua Estranxeira (Inglés ou Francés).

– Historia de España.

– Filosofía.

Cumprirá seleccionar tres das devanditas materias e desenvolver por escrito as cuestións que se propoñan para cada unha das tres elixidas. O tempo máximo para a súa realización será de tres horas.

Nestes exercicios valoraranse a madureza e o nivel de coñecementos sobre estas áreas propias do currículo de bacharelato, o grao de madureza da persoa aspirante en canto á correcta comprensión de conceptos, a utilización da linguaxe e a capacidade de análise e de síntese.

Segunda parte:

Versará sobre historia da arte.

3. Publicación das cualificacións:

– Cualificacións provisionais: o día 23 de xuño os correspondentes tribunais de acceso publicarán nos taboleiros de anuncios e nas páxinas web de cada escola de arte e superior de deseño en que actúen, as cualificacións provisionais obtidas polas persoas aspirantes.

Poderanse presentar reclamacións por escrito ás cualificacións provisionais os días 26 e 27 de xuño na Secretaría da Escola de Erte e Superior de Deseño na cal realizaron as probas.

As escolas de arte e superiores de Deseño de Galicia remitirán á Dirección Xeral de Formación Profesional, a través do enderezo electrónico sereap@edu.xunta.gal, as reclamacións presentadas para proceder á súa revisión.

– Cualificacións definitivas: as cualificación definitivas publicaranse o día 29 de xuño no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (http://www.edu.xunta.gal) e nos taboleiros de anuncios e nas páxinas web de cada escola de arte e superior de Deseño.

– Contra as cualificacións definitivas a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Formación Profesional, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Os certificados de cualificación obtida poderán ser solicitados na escola de arte e superior de Deseño en que estean inscritas as persoas que teñan superada a devandita proba.

ANEXO II

Estrutura, contidos e cualificación da proba específica de acceso ao ciclo formativo de grao medio e de grao superior

1. As probas realizaranse o día 3 de xullo, co seguinte horario:

Primeiro exercicio: desde as 10.00 ata as 11.00 horas.

Segundo exercicio: desde as 12.00 ata as 14.00 horas.

Terceiro exercicio: desde as 17.00 ata as 19.00 horas.

As probas realizaranse nas escolas de arte e superiores de deseño nas que estean inscritas as persoas aspirantes:

EASD Antonio Faílde, Avenida da Universidade, A Cuña, nº 18, en Ourense.

EASD Mestre Mateo, rúa Virxe da Cerca, nº 32, en Santiago de Compostela.

EASD Pablo Picasso, rúa Os Pelamios, nº 2, na Coruña.

EASD Ramón Falcón, paseo dos estudantes, s/n, en Lugo.

Calquera posible variación sobre este calendario requirirá autorización expresa da Dirección Xeral de Formación Profesional.

2. A proba específica de acceso permitirá demostrar as aptitudes e os coñecementos artísticos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas de que se trate.

2.1. Proba específica para o acceso a ciclos formativos de grao medio das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño.

a) Primeiro exercicio: proba escrita.

Desenvolvemento, nun tempo máximo dunha hora, dun tema proposto nun texto sobre artes plásticas e coñecementos histórico-artísticos. Neste exercicio valoraranse as capacidades lingüísticas e os coñecementos histórico-artísticos.

b) Segundo exercicio: realización.

Realización, nun tempo máximo de dúas horas, de debuxos e bosquexos sobre un tema proposto para a súa aplicación posterior. Neste exercicio valoraranse as destrezas específicas e as capacidades de observación, percepción e aptitude para os estudos concretos das distintas familias profesionais.

c) Terceiro exercicio: execución.

Consistirá en levar á práctica, nun tempo máximo de dúas horas, un exercicio definitivo a partir dos bosquexos realizados no segundo exercicio.

Valorarase a capacidade artística e a creatividade do/da aspirante, o sentido do espazo, a composición e a predisposición para os estudos concretos das distintas familias profesionais.

2.2. Proba específica para acceso a ciclos formativos de grao superior das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño.

a) Primeiro exercicio: proba escrita.

Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, de temas propostos nun texto ou por medio de documentación gráfica relacionados coa historia da arte.

Valoraranse as capacidades lingüísticas e os coñecementos histórico-artísticos, a sensibilidade ante creacións artísticas, así como a madurez do criterio estético.

b) Segundo exercicio: realización.

Realización, durante un tempo máximo de dúas horas, de bosquexos e debuxos sobre un tema proposto que servirán de base para a posterior execución. Valoraranse as destrezas, as habilidades, as capacidades de percepción, de observación e de aptitude, así como a predisposición para os estudos concretos dos ciclos correspondentes á familia profesional.

c) Terceiro exercicio: execución.

A partir dos bosquexos realizados no exercicio anterior e durante un tempo máximo de dúas horas, execución dun traballo definitivo relacionado cos estudios que desexa realizar.

Valorarase a capacidade artística e a creatividade do/da aspirante, o sentido do espazo e a capacidade compositiva, capacidade de observación e percepción, expresividade, así como a predisposición para os estudos concretos dos ciclos correspondentes á familia profesional.

3. A cualificación final da proba específica de acceso é o resultado da media aritmética das cualificacións obtidas pola persoa aspirante en cada un dos seus exercicios. Cada unha das partes cualificarase de 0 a 10 puntos, con dous números decimais. Considerarase superada a proba a partir da cualificación de 5,00 puntos.

4. Publicación das cualificacións das probas específicas para os ciclos formativos de grao medio e superior.

Publicaranse na páxina web e no taboleiro de anuncios das escolas en que se realizou a proba. As cualificacións definitivas tamén se publicarán no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades http://www.edu.xunta.gal

Cualificacións provisionais: día 5 de xullo.

Poderanse presentar reclamacións por escrito contra as cualificacións provisionais os días 6 e 7 de xullo na Secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño en que se realizou a correspondente proba de acceso.

Cualificacións definitivas: 11 de xullo.

Contra as cualificacións definitivas a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Formación Profesional, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas.

ANEXO III

Composición das comisións de avaliación para o acceso aos ciclos formativos das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño

Comisión de Avaliación da Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e grao superior.

Titulares

Suplentes

Presidente

Miguel Álvarez Fernández

Presidenta

Ofelia Cardo Cañizares

Vogal 1º

Javier Fernández Alonso

Vogal 1ª

María Nelly Rial Verde

Vogal 2ª

María del Carmen Fernández González

Vogal 2º

Pedro Sancho Díaz

Vogal 3º

Brais Rodríguez Verde

Vogal 3º

Nilo Héctor Arias Pérez

Vogal 4ª

Raquel Abraila Mateo

Vogal 4ª

Miriam Seguín Pérez

Comisión de Avaliación da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e grao superior.

Titulares

Suplentes

Presidente

Ángel Lázaro Sastre

Presidenta

Talía Fernández Fernández

Vogal 1ª

Óscar Aldonza Torres

Vogal 1ª

Miguel Ángel Vigo Baleirón

Vogal 2ª

Sabela Castro Añón

Vogal 2º

Manuel Antonio García Freire

Vogal 3ª

Antía Otero García

Vogal 3ª

María Concepción Viñas González-Zaera

Vogal 4ª

Marcos Vilariño Cabezas

Vogal 4ª

Rosa Figueroa Insua

Comisión de Avaliación da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e grao superior.

Titulares

Suplentes

Presidenta

María Antonieta Ríos Peleteiro

Presidente

Samuel Fernández Ignacio

Vogal 1ª

Cándido Díaz Mosquera

Vogal 1ª

Belén Carracedo González

Vogal 2ª

Sara Costa Muñoz

Vogal 2º

Juan Luis Luaces Fandiño

Vogal 3ª

Mónica Rojas Losada

Vogal 3ª

Marta Rodríguez González

Vogal 4º

Francisco José López Poy

Vogal 4ª

Patricia Cupeiro López

Comisión de Avaliación da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e grao superior.

Titulares

Suplentes

Presidente

Jorge Couceiro García

Presidenta

María Concepción Salgado Fernández

Vogal 1ª

María Virginia Barros Angueira

Vogal 1ª

Catalina Alonso Rodríguez

Vogal 2º

Francisco Javier Martín Aláez

Vogal 2º

Carlos Alfonzo Fernández

Vogal 3ª

Marta María Cousiño Gómez

Vogal 3ª

Lucía Cons Álvarez

Vogal 4º

Javier López Vila

Vogal 4º

Juan Carlos Villaverde Troncoso

ANEXO IV

Certificación acreditativa de superación da proba de que substitúe o requisito académico de titulación de graduado/a en educación secundaria
obrigatoria/título de bacharelato para o acceso ao ciclo formativo de grao .......... das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño

Certificado acreditativo de superación de la prueba sustitutiva del requisito académico de titulación de graduado/a en educación secundaria obligatoria/título de bachiller para el acceso al ciclo formativo de grado ............ de las enseñanzas profesionales de Artes Plásticas y Diseño

Resolución do --- de ---- de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional (DOG do----)

Resolución de ---- de---- de 2023, de la Dirección General de Formación Profesional (DOG de --- )

D/dna. ------ , secretario/a da Comisión de Avaliación

D/dna. ---------, secretario/a de la Comisión de Evaluación

CERTIFICA QUE

D/dna --------, con DNI ---------, superou a proba que substitúe o requisito académico de titulación de -------- para o acceso ao CICLO FORMATIVO DE GRAO ------- DAS ENSINANZAS PROFESIONAIS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO, convocada por Resolución do---- de ------de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, coa cualificación de: -------- ( ------).

A presente certificación terá efecto en todo o territorio nacional, en aplicación do artigo 17 do Real decreto 596/2007, do 4 de maio, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, (BOE do 25 de maio), e faculta para acceder aos ciclos formativos de Artes Plásticas e Deseño de grao___, de calquera modalidade e terá validez para posteriores convocatorias.

--------------------------, ------- de ------- de 2023

D/dna --------, con DNI ---------, superó la prueba que sustituye el requisito académico de titulación de ----- para el acceso al GRAO ------- DE LAS ENSEÑANZAS PROFESIONALES DE ARTES PLÁSTICAS Y DISEÑO, convocada por Resolución de--- de ------de 2023 ,de la Dirección General de Formación Profesional, con la calificación de: -------- ( ------).

La presente certificación tendrá efecto en todo el territorio nacional, en aplicación del articulo 17 del Real Decreto 596/2007, de 4 de mayo, por el que se establece la ordenación general de las enseñanzas profesionales de Artes Plásticas y Diseño, (BOE de 25 de mayo), y faculta para acceder a los ciclos formativos de Artes Plásticas y Diseño de grado ____, de cualquier modalidad y tendrá validez para posteriores convocatorias.

----------------------------, ------- de ------- de 2023

O/a presidente/a da Comisión de Avaliación

O/a secretario/a da Comisión de Avaliación

El/la presidente/a de la Comisión de Evaluación

El/la secretario/a de la Comisión de Evaluación

(Selo da EASD/Sello de la EASD)

Certificación acreditativa de superación da proba específica para o acceso o ciclo formativo de grao ........... das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño

Certificado acreditativo de superación de la prueba específica para el acceso al ciclo formativo de grado .......... de las enseñanzas profesionales de Artes Plásticas y Diseño

Resolución do --- de ---- de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional (DOG do----)

Resolución de ---- de---- de 2023, de la Dirección General de Formación Profesional (DOG de --- )

D/dna ------ , secretario/a da Comisión de Avaliación

D/dña ---------, secretario/a de la Comisión de Evaluación

CERTIFICA QUE

D/dna --------, con DNI ---------, superou a proba específica para acceder ao CICLO FORMATIVO DE GRAO ___ DAS ENSINANZAS PROFESIONAIS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO, convocada pola Resolución do ---- de ------de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, coa cualificación de: -----( ------).

A presente certificación terá efecto en todo o territorio nacional, en aplicación do artigo 17 do Real decreto 596/2007, do 4 de maio, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, (BOE do 25 de maio), e faculta para acceder aos ciclos formativos de Artes Plásticas e Deseño de grao___, de calquera modalidade.

--------------------------, ------- de ------- de 2023

D/dña--------, con DNI ---------, superó la proba específica para acceder al GRADO ____ DE LAS ENSEÑANZAS PROFESIONALES DE ARTES PLÁSTICAS Y DISEÑO, convocada por la Resolución de ---- de ------de 2023, de la Dirección General de Formación Profesional, con la calificación de: -------- ( ------).

La presente certificación tendrá efecto en todo el territorio nacional, en aplicación del articulo 17 del Real decreto 596/2007, de 4 de mayo, por el que se establece la ordenación general de las enseñanzas profesionales de Artes Plásticas y Diseño, (BOE de 25 de mayo), y faculta para acceder a los ciclos formativos de Artes Plásticas y Diseño de grado ____, de cualquier modalidad.

----------------------------, ------- de ------- de 2023

O/a presidente/a da Comisión de Avaliación

O/a secretario/a da Comisión de Avaliación

El/la presidente/a de la Comisión de Evaluación

El/la secretario/a de la Comisión de Evaluación

(Selo da EASD/Sello de la EASD)