Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 2 de maio de 2023 Páx. 27037

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 35/2023, do 13 de abril, polo que se aproba o cambio de titularidade, a prol do Concello de Gondomar, dos treitos iniciais das estradas EP-2301 e EP-2302.

Segundo o artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados mediante decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O 11 de xaneiro de 2019, a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Gondomar asinaron un convenio de colaboración para levar a cabo o proxecto de humanización da interconexión das rúas San Bieito e Emigrante coas estradas de Peitieiros e Chaín -Morgadáns.

Este convenio recollía a aceptación por parte do Concello da transferencia de titularidade dun treito de 110 metros da EP-2301 Gondomar-Peitieiros e doutro de 260 metros da EP-2302 Gondomar-Chaín-Morgadáns.

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo co informe emitido polo servizo competente, indica que os treitos iniciais das estradas EP-2301 e EP-2302 compren co estipulado no punto 11 do artigo 18 do Regulamento xeral de estradas de Galicia, relativo aos cambios de titularidade de treitos de estradas a favor de administracións de menor ámbito territorial, segundo o cal estes só se levarán a cabo cando se trate de treitos terminais ou cando non impliquen a interrupción de ningún dos itinerarios de que formen parte sen que exista unha alternativa viaria, existente ou planificada, para todos eles que proporcione un nivel de servizo cando menos equivalente, a través da rede de estradas da Administración cedente ou das redes de estradas de titularidade de administracións de maior ámbito territorial. Por isto, formúlase a proposta favorable á transferencia de titularidade que se define no artigo 1.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trece de abril de dous mil vinte e tres,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade, a prol do Concello de Gondomar, dos seguintes treitos das estradas EP-2301 e EP-2302:

Clave

Denominación

PQi

PQf

Lonxitude

(km)

EP-2301

Gondomar-Peitieiros

0+000

0+110

0,110

EP-2302

Gondomar-Chaín-Morgadáns

0+000

0+260

0,260

Artigo 2

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega entre Concello e Deputación.

Artigo 3

Correspóndenlle ao Concello de Gondomar, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que lle poida corresponder como nova Administración titular.

Disposición derradeira

O presente decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trece de abril de dous mil vinte e tres

Ethel Mª Vázquez Mourelle

Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade

O presidente

P.S. (Artigo 33 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro)

Francisco José Conde López

Vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación