Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 3 de maio de 2023 Páx. 27223

III. Outras disposicións

Presidencia da Xunta de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 22 de marzo de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas emigrantes galegas retornadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento PR937A).

Advertido un erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 71, do 13 de abril de 2023, é preciso facer a seguinte corrección:

Na páxina 23177, na alínea f) do artigo 8, onde di: «Este plan deberá ter informe da súa viabilidade económica e financeira de entidade independente, entre as cales figuran os/as axentes de emprego e desenvolvemento local e a Unidade de Galicia Emprende do Igape. Neste último caso, o informe solicitarase a través da aplicación establecida no enderezo da internet: http://www.tramita.igape.es (procedemento PE001)»; debe dicir: «Este plan deberá ter informe da súa viabilidade económica e financeira de entidade independente, entre as cales figuran as persoas axentes de emprego e desenvolvemento local e a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Neste último caso, o informe solicitarase á Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego a través do seguinte enderezo web: https://polosemprendemento.gal/prog-retorna-emprend».