Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 3 de maio de 2023 Páx. 27224

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 13 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a clubs deportivos galegos que na tempada 2022/2023 ou 2023 conten con licenzas de deportistas con discapacidade, para a adquisición de equipamentos deportivos para deporte adaptado, incluído no Plan de promoción da igualdade no deporte no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NexGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento DE401B).

Advertido un erro na orde publicada no Diario Oficial de Galicia número 80, do 26 de abril de 2023, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 25628, no artigo 4.1, onde di:

«1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude, segundo o disposto na base 8ª, a seguinte documentación:

a) Certificación do órgano colexiado competente da entidade deportiva (anexo III).

b) Memoria deportiva (anexo IV).

c) Acreditación da representación, de ser o caso (anexo IX)».

Debe dicir:

«1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude, segundo o disposto na base 9ª, a seguinte documentación:

a) Certificación emitida polo/a secretario/a da entidade deportiva solicitante ou persoa que teña atribuída a potestade para certificar, segundo o modelo do anexo III, na cal se faga constar o acordo do órgano colexiado competente da entidade deportiva polo cal se solicita a subvención para as actuacións que se pretenden executar ao abeiro desta orde.

b) Memoria deportiva e xustificativa da necesidade dos equipamentos para os cales solicitan subvención, asinada polo/a representante da entidade deportiva (anexo IV).

c) Acreditación da representación, de ser o caso (anexo IX).

d) Aceptación da cesión de datos entre as administracións implicadas, segundo o modelo do anexo X.

e) Declaración responsable relativa ao compromiso do cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR, segundo o modelo do anexo XI».