Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 3 de maio de 2023 Páx. 27263

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, pola que dá publicidade á encomenda de xestión de carácter técnico á Axencia Galega de Infraestruturas para a supervisión do proxecto da obra da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Lugo, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

De conformidade cos artigos 8 e 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á encomenda de xestión de carácter técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade á Axencia Galega de Infraestruturas para a supervisión do proxecto da obra da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Lugo, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, que ten as seguintes características:

1. Obxecto: esta encomenda terá por obxecto a elaboración dun informe técnico co fin de verificar que se tiveron en conta as disposicións xerais de carácter legal ou regulamentario, así como a normativa técnica que resulten de aplicación para o proxecto. Os ditos documentos serán emitidos por persoal técnico cualificado da AXI.

2. Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao seren a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e a AXI órganos pertencentes á mesma consellería con personalidade xurídica propia.

3. Prazo de vixencia: a presente encomenda terá a duración estritamente necesaria para a elaboración do referido informe técnico de supervisión anteriormente sinalado e concluirá coa entrega deste.

4. Supostos de finalización anticipada: por incumprimento total ou parcial dalgunha das partes ou por mutuo acordo.

5. Taxas: a encomenda non liquidará ningunha taxa a favor da AXI en concepto de custo polos servizos que preste en desenvolvemento desta.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2023

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade
P.D. (Orde do 7.9.2017; DOG núm. 179, do 20 de setembro)
Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade