Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 3 de maio de 2023 Páx. 27269

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2023 pola que se notifican as resolucións do presidente do Fondo Español de Garantía Agraria relativas á asignación de dereitos de pagamento básico da reserva nacional da campaña 2022 e complementaria da campaña 2020.

Para os efectos de establecer en Galicia o procedemento de solicitude para a asignación de dereitos de pagamento básico procedentes da reserva nacional da campaña 2022, no marco establecido polo Real decreto 1076/2014, do 19 de decembro, sobre asignación de dereitos do réxime de pagamento básico da política agraria común, publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural, do 21 de xaneiro de 2022, pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control.

O Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), con base no disposto nos artigos 23 a 27 do Real decreto 1076/2014, tramitou e informou sobre as solicitudes de acceso á reserva nacional, e deu traslado dos expedientes á persoa titular da Presidencia do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) para a súa resolución.

De acordo co disposto no artigo 27.1 do devandito Real decreto 1076/2014, a persoa titular da Presidencia do FEGA comunicou ao Fogga, para a súa notificación ás persoas solicitantes, a resolución sobre a asignación de solicitudes de dereitos de pagamento básico da reserva nacional.

Conforme co anterior, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Facer pública e notificar na páxina web do Fogga (https://fogga.xunta.gal/gl/pac/consultas_pac/dereitos_de_pagamento_basico) a resolución da persoa titular da Presidencia do FEGA de asignación de dereitos de pagamento básico da reserva nacional da campaña 2022 e a notificación das resolucións denegatorias pendentes da campaña 2020.

Segundo. Contra a resolución da persoa titular da Presidencia do FEGA, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2023

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria