Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 3 de maio de 2023 Páx. 27271

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2023 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a contratación de xestores de internacionalización, e se procede á súa convocatoria plurianual para os anos 2023, 2024 e 2025 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG638A).

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do 27 de febreiro de 2023, acordou, por unanimidade dos membros asistentes, aprobar as bases reguladoras das axudas para a contratación de xestores de internacionalización e facultou a persoa titular da Dirección Xeral do Igape para a súa convocatoria, a aprobación dos créditos e a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar as bases reguladoras das axudas á contratación de xestores de internacionalización e proceder á súa convocatoria plurianual para os anos 2023, 2024 e 2025 (código de procedemento IG638A).

Esta convocatoria está financiada con fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará ás 8.00 horas do día seguinte á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará un mes despois da data de publicación ás 14.00 horas, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Terceiro. O crédito dispoñible para concesión nesta convocatoria aboarase con cargo á seguinte aplicación orzamentaria e polos seguintes importes e distribución plurianual:

Código de proxecto

Partida orzamentaria

Ano 2023

Ano 2024

Ano 2025

Total

2016 00018

05.A1.741A.4705

100.000 €

500.000 €

700.000 €

1.300.000 €

A persoa titular da Dirección Xeral do Igape poderá ampliar o crédito, logo de declaración da súa dispoñibilidade como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Decreto 11/2009), mediante resolución publicada para o efecto no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Prazos de duración do procedemento, de execución do proxecto e para solicitar o cobramento.

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será de catro meses desde a data de presentación da solicitude de axuda. Transcorrido este, poderase entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión de axuda.

O prazo de execución do procedemento iniciarase o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de xuño de 2025.

Os prazos máximos para presentar a solicitude de cobramento da subvención son:

– 15 de decembro de 2023, para as solicitudes con accións que se realicen ata esta data.

– 15 de decembro de 2024, para as solicitudes con accións que se realicen ata esta data.

– 30 de xuño de 2025, para as solicitudes con accións que se realicen ata esta data.

Estas datas son, en cada anualidade, as derradeiras admisibles para as nóminas e pagamentos que se acheguen como xustificantes da subvención que deberán ter una data de emisión igual ou anterior ás indicadas no parágrafo anterior.

Os gastos subvencionables dos proxectos realizados entre o 16 de decembro e o 31 de decembro de 2023 serán imputados á anualidade 2024, e os realizados entre o 16 de decembro e o 31 de decembro de 2024, á anualidade 2025.

O período de contratación subvencionable deberá iniciarse entre a data de solicitude da axuda e ata un máximo de 45 días hábiles a partir da notificación da resolución de concesión e, en todo caso, debe estar comprendido dentro do prazo de execución.

O contrato de traballo do xestor deberá ter unha duración mínima de seis meses. Adicionalmente, a persoa solicitante deberá estimar no cuestionario de solicitude a data de remate do proxecto de comercio exterior e a duración aproximada do contrato para o que solicita subvención. A duración do proxecto de comercio exterior subvencionable, para efectos de xustificación, será a reflectida na resolución individual de concesión.

As persoas beneficiarias da axuda poderán solicitar un anticipo de ata o 50 % da subvención. As datas límite para solicitar os devanditos anticipos son:

– 30 de outubro de 2023 para as accións con prazo máximo de execución ata o 15 de decembro de 2023.

– 30 de setembro de 2024 para as accións con prazo máximo de execución ata o 15 de decembro de 2024.

– 30 de marzo de 2025 para as accións con prazo máximo de execución ata o 30 de xuño de 2025.

Quinto. De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia. A cesión de datos de carácter persoal que debe efectuarse á Intervención Xeral da Administración do Estado para os efectos de publicar as subvencións concedidas na Base de datos nacional de subvencións non requirirá o consentimento da persoa beneficiaria.

Sexto. Os requisitos das letras c), e), f), h), i), k), l), m) e n) do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, indícanse nas bases anexas a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2023

Fernando Guldrís Iglesias
Director do Instituto Galego de Promoción Económica

Bases reguladoras das axudas para a contratación de xestores de internacionalización para os anos 2023, 2024 e 2025

A internacionalización achega ás empresas a posibilidade de aumentar o seu tamaño e acadar maiores economías de escala, acceder a recursos inaccesibles ou caros no seu mercado de orixe, conseguindo economías de localización, mellorar a notoriedade e diferenciación dos seus produtos e marcas, entrar en contacto con consumidores máis exixentes e competidores máis eficientes que estimulan a súa innovación e desenvolvemento tecnolóxico e, en definitiva, mellorar a súa eficiencia económica e capacidade competitiva en liña coa Estratexia galega de especialización intelixente (RIS3).

A internacionalización do tecido empresarial galego ten sido e seguirá sendo un dos eixes prioritarios de actuación dentro da política económica da Xunta de Galicia de cara a mellorar a súa competitividade e acadar o crecemento económico. Mediante un modelo facilitador de información, servizos directos nos principais mercados internacionais, financiamento ás empresas para a súa entrada neles, formación e especialización de recursos humanos, o Goberno galego aposta pola internacionalización das empresas galegas.

Unha aposta que se plasma na Estratexia da Xunta de Galicia de Internacionalización da Empresa Galega 2021-2025, que inclúe entre os seus obxectivos o de lograr un significativo aumento na cantidade, na calidade e no impacto efectivo das exportacións da empresa galega. Aumento do número de empresas da base exportadora, procura e apertura de novos mercados, apoio na ampliación de cota de mercados con menor presenza e maior potencial de crecemento futuro e consolidación de cota nos mercados maduros. En definitiva, esta estratexia persegue unha fase de consolidación dos distintos esforzos e accións emprendidas ao longo dos últimos anos para estimular, fortalecer, expandir e consolidar a internacionalización das pemes galegas e os seus produtos e servizos.

O Igape vén desenvolvendo diversos programas de formación de especialistas no comercio internacional. Ademais, co fin de facilitarlle ao empresariado galego información sobre persoal con formación orientada á internacionalización empresarial, o Igape dispón dunha bolsa de xestores de internacionalización –publicada na súa web–, aberta a este tipo de especialistas.

O obxectivo destas bases é facilitar a incorporación ou reinserción ao mercado laboral de profesionais titulados con formación e/ou experiencia en comercio exterior, ao mesmo tempo que se apoia as pemes galegas no seu proceso de internacionalización.

Estas bases compleméntanse con outros programas coa mesma finalidade financiados con fondos propios do Igape: formación teórica de xestores de internacionalización (para os efectos de ampliar a oferta de profesionais formados nesta materia) e formación práctica a través de bolsas de promoción exterior en organismos de Galicia e do estranxeiro.

A convocatoria desta liña de axudas será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia mediante resolución da Dirección Xeral do Igape. A convocatoria incluirá o procedemento de tramitación, o prazo de presentación de solicitudes e os créditos asignados.

Estas bases outorgaranse en réxime de concorrencia non competitiva ao abeiro do disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Na súa consecuencia, serán subvencionables todos os proxectos que cumpran os requisitos establecidos nestas bases reguladoras sen necesidade de establecer comparacións entre os proxectos nin unha orde de prelación entre eles, tendo en conta, ademais, a oportunidade de que a tramitación dos expedientes sexa rápida e con prazos de solicitude abertos, pola dificultade de planificar as accións subvencionadas e a urxencia de implementación destas a medida que xurda a necesidade.

De acordo co previsto no artigo 106 da Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia, esta resolución recolle medidas de apoio ao colectivo de mozos que estean inscritos na lista única de demanda do Sistema nacional de garantía xuvenil.

Artigo 1. Obxecto

Estas axudas teñen como obxectivo facilitar a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización e a incorporación ou reinserción ao mercado laboral de profesionais no ámbito do comercio exterior –priorizando os mozos sen ou con pouca experiencia e os sénior experimentados maiores de 45 anos en situación de desemprego–, ao mesmo tempo que se apoia as pemes galegas no seu proceso de internacionalización poñendo á disposición das pemes información sobre profesionais con formación especializada e unha subvención a fondo perdido para a súa contratación.

Artigo 2. Procedemento e réxime de aplicación

1. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.

2. Non se poderán outorgar subvencións por contía superior á que se determine na presente convocatoria salvo que se realice unha nova convocatoria ou se produza un incremento de créditos derivados dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito; ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, ao abeiro do disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. As axudas recollidas nesta base incardínanse no réxime de axudas de minimis establecido no Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352/1, do 24 de decembro); no Regulamento (CE) núm. 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28 de xuño) e no Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro), modificado polo Regulamento (UE) núm. 2019/316 da Comisión, do 21 de febreiro de 2019 (DOUE L 51, do 22 de febreiro).

4. As subvencións previstas nestas bases estarán financiadas con fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 3. Concorrencia con outras axudas ou subvencións públicas

1. Estas axudas son incompatibles con outras axudas ou subvencións públicas.

2. Ao estar este réxime de axudas suxeito ao réxime de minimis, deberase garantir que, de recibir a persoa beneficiaria outras axudas baixo o réxime de minimis, non se supera o límite de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector transporte de mercadorías por estrada este límite redúcese a 100.000 euros. Para as empresas do sector da pesca as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 30.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector agrícola o límite de minimis redúcese a 20.000 euros durante calquera período de tres exercicios.

3. A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Igape tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente documentación xustificativa das accións realizadas. En todo caso, antes de conceder a axuda, solicitarase da persoa solicitante unha declaración escrita ou en soporte electrónico, sobre calquera axuda de minimis recibida durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

Artigo 4. Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Empresas que teñan o seu domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento núm. 651/2014, da Comisión, incluídas as pemes con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos, e que teñan como proxecto iniciar ou consolidar o seu proceso de internacionalización.

As empresas terán que dispor do informe de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización realizado a través de programas de Igape a partir de 2013. De non dispor do citado Informe de alta, debe solicitalo a través da oficina virtual do Igape (procedemento IG192) dentro do prazo de presentación de solicitudes.

b) As persoas solicitantes deberán ter, polo menos, un centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) As persoas solicitantes acreditarán ter un proxecto de internacionalización para o que se require contratar profesionais en comercio exterior.

d) As persoas solicitantes deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social, e non ser consideradas empresas en crise. Para os efectos de empresa en crise, convén ter en conta a definición de empresa en crise que para as pemes aparece no número 18 do artigo 2 do Regulamento núm. 651/2014, da Comisión. Tamén deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, para ser beneficiario da axuda, e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.

Artigo 5. Modalidades de contratación e custo subvencionable

1. Será subvencionable o salario bruto por conta allea a tempo completo de xestores de internacionalización, baixo calquera das modalidades previstas na lexislación laboral vixente no momento da contratación, acordes coa finalidade de axuda, excepto contratos de alta dirección.

As persoas solicitantes que o desexen teñen ao seu dispor a bolsa de xestores de internacionalización do Igape, da que forman parte profesionais co perfil e formación orientados á internacionalización empresarial. Esta bolsa de xestores de internacionalización está aberta, indefinidamente, ás novas incorporacións de persoal que reúna os requisitos exixidos. O Igape non se fai responsable da veracidade da información subministrada polos integrantes da bolsa e o beneficiario ten a obriga de comprobala. En todo caso, se a persoa beneficiaria da axuda contrata un xestor que non pertenza á citada bolsa, o xestor deberase dar de alta nesta na fase de acreditación da contratación. No caso de non constar a alta na fase de acreditación, seralle requirida.

2. A solicitude de axuda virá referida ao desenvolvemento dun proxecto de comercio exterior que a persoa solicitante deberá describir en detalle no formulario de solicitude da axuda.

Se a persoa solicitante ten previsto desenvolver máis dun proxecto pode solicitar ata un máximo de dous xestores. Nese caso, debe cubrir no cuestionario de solicitude a descrición en detalle de cada un dos proxectos, delimitando e diferenciando o proxecto que vai desenvolver cada xestor.

O Igape valorará, en función do detalle descritivo, se se identifican dous proxectos diferenciados ou non.

3. Os contratos laborais subvencionables deben ser indefinidos ou temporais por un período mínimo de duración de seis meses. A persoa solicitante deberá establecer no cuestionario de solicitude a data de remate do proxecto de comercio exterior e a duración aproximada do contrato para o que solicita subvención. O período máximo subvencionable do proxecto de comercio exterior será o reflectido na resolución de concesión.

Cando sexa necesaria a substitución do xestor, a duración do novo contrato será, como mínimo de seis meses, salvo que o prazo para rematar a execución do proxecto sexa inferior. Neste caso, a duración do contrato será, como mínimo, igual ao tempo que quede para o remate da execución do proxecto. Permitiranse un máximo de dúas substitucións por proxecto.

4. O período de contratación subvencionable será o establecido na resolución de concesión de axuda, sen que poida ser inferior a seis meses nin superior aos dezaoito meses.

5. O custo subvencionable estableceuse como un baremo estándar de custo unitario. Para determinar o seu importe tomouse como referencia o salario medio do sector do comercio en Galicia para o ano 2021, que segundo os datos da AEAT que constan no IGE ascendería a 19.238 €/ano (1.603,16 €/mes con rateo de pagas extra, sen incluír os custos extrasalariais).

missing image file

Artigo 6. Contía da axuda

A contía da axuda calcúlase aplicando as seguintes porcentaxes sobre o custo subvencionable indicado no punto 5 do artigo anterior:

a) 85 % no caso de mozos/as profesionais nacidos/as a partir do 1 de xaneiro de 1988.

b) 90 % no caso de mulleres ou mocidade de calquera xénero inscritos no Sistema nacional de garantía xuvenil.

c) 80 % no caso de profesionais nacidos despois do 1 de xaneiro de 1978 e antes do 1 de xaneiro de 1988.

d) 90 % no caso de profesionais sénior en paro de difícil reinserción laboral de idade igual ou superior a 45 anos (nacidos antes do 1 de xaneiro de 1978).

Artigo 7. Condicións da contratación

1. Relativas ao xestor de exportación:

Todos os xestores (7.1.a) deberán cumprir as condicións xerais (artigo 7.1.b), c) e d) e estar dados de alta na bolsa de xestores de internacionalización do Igape, como máis tarde, na fase de acreditación da contratación.

a) Perfís de xestor de exportación:

Establécense tres perfís de xestor por idade. A intensidade da axuda irá acorde co dito perfil.

1. Mozos/as profesionais nacidos/as a partir do 1 de xaneiro de 1988.

2. Profesionais nacidos despois do 1 de xaneiro de 1978 e antes de 1 de xaneiro de 1988.

3. Profesionais sénior en paro de difícil reinserción laboral de idade igual ou superior a 45 anos (nacidos antes do 1 de xaneiro de 1978).

b) Os xestores deben contar con titulación universitaria, con titulación de formación profesional de técnico superior en comercio internacional, ou con certificado de profesionalidade de comercio exterior ou comercio internacional.

c) No caso de que a titulación universitaria do xestor non sexa específica de comercio internacional, deberán acreditar unha das opcións seguintes:

i. Bolsa de prácticas de posgrao en internacionalización empresarial por un período superior a seis meses, en organismos públicos nacionais ou estranxeiros, dentro do ámbito da internacionalización empresarial.

ii. Mestrado de comercio exterior.

iii. Certificado de profesionalidade de comercio exterior ou comercio internacional.

iv. Curso completo de comercio exterior de duración igual ou superior a 140 horas.

d) Deberán estar dados de alta como demandantes de emprego (ou demandantes de mellora de emprego) no Servizo Público de Emprego de Galicia na data da contratación.

2. Relativos ao contrato:

a) O obxecto do contrato é a realización de actividades relacionadas co proxecto de comercio exterior detallado pola persoa beneficiaria na súa solicitude de axuda.

b) A modalidade do contrato poderá ser calquera das previstas na lexislación laboral vixente no momento de contratación, excepto contratos de alta dirección.

3. Exclusións:

a) Exclúese das axudas establecidas neste programa a contratación dun xestor con vínculos de parentesco (cónxuxe, ascendentes, descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive) cos cargos de dirección ou membros dos órganos de administración do solicitante ou das súas empresas vinculadas.

b) Exclúense os contratos con persoas que tivesen algunha relación laboral coa persoa solicitante ou con outras empresas vinculadas nos 2 últimos anos antes da solicitude de axuda (ser bolseiro non se entende como relación laboral).

A non concorrencia destas exclusións demostrarase a través dunha declaración responsable da persoa solicitante, que se cubrirá no formulario de solicitude.

Entenderase que existen «empresas asociadas» ou «empresas vinculadas» cando concorra algunha das circunstancias establecidas nos puntos 2 e 3, respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014.

Artigo 8. Forma e lugar de presentación das solicitudes

1. Dentro do prazo establecido na convocatoria para presentar a solicitude de axuda, as persoas interesadas deberán cubrir un formulario electrónico descritivo das circunstancias da persoa solicitante, do proxecto de internacionalización para o que se require contratar un especialista en comercio exterior, dos obxectivos xerais e do orzamento do proxecto, así como de declaracións relativas ao condicionado nestas bases, a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual. Deberán cubrir necesariamente todos os campos establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda.

No formulario electrónico as persoas solicitantes deberán describir detalladamente o proxecto de internacionalización que pretende afrontar coa contratación do xestor de internacionalización.

No devandito formulario realizaranse as seguintes declaracións:

a) Que a entidade solicitante cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións, cando proceda.

b) Que non pode ser considerada unha empresa en crise conforme o disposto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) 651/2014, do 17 de xuño, da Comisión.

c) Que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o que se solicita a axuda.

d) Que a entidade solicitante cumpre cos criterios de definición de peme, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no Regulamento (UE) núm. 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.

A inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, de calquera dato ou información que se incorpore a esta declaración de peme, ou na documentación que fose requirida para acreditala, dará lugar á perda do dereito á cobranza e, de ser o caso, ao reintegro da subvención percibida, constituíndo unha infracción moi grave tal e como establece o artigo 56.a) da Lei 9/2007, podéndose impoñer as seguintes sancións:

1. Multa pecuniaria proporcional do dobre ao triplo da cantidade indebidamente obtida.

2. Cando o importe do prexuízo económico correspondente á infracción exceda os 30.000 €, concorrendo algunha das circunstancias previstas nas letras b) e c) do punto 1 do artigo 58 da Lei 9/2007, os infractores poderán ser sancionados, ademais:

i. Coa perda durante un prazo de ata cinco anos da posibilidade de obter subvencións, axudas públicas e avais da Administración ou doutros entes públicos.

ii. Coa prohibición durante un prazo de ata cinco anos para celebrar contratos coa Administración ou outros entes públicos.

iii. Coa perda durante un prazo de ata cinco anos da posibilidade de actuar como entidade colaboradora.

O Igape realizará as comprobacións documentais necesarias para garantir que as empresas para as que se propón a concesión da axuda teñen a condición de peme.

e) Que a entidade solicitante se obriga a manter un sistema de contabilidade separada ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados.

f) Que conservará os libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos subvencionables.

g) Declaración doutras axudas en réxime de minimis.

2. A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou nas que este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) non serán tramitadas e concederase aos solicitantes un prazo de 10 días hábiles para a súa emenda, transcorrido o cal se terán por desistidos da súa petición, logo de resolución de arquivamento.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

3. As persoas solicitantes por esta vía electrónica deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Será necesario que a persoa asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante.

b) A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @firma da Administración xeral do Estado, que son os que figuran nesta relación:

http://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC

c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dunha única persoa solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dunha persoa solicitante (por exemplo, solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada, etc.), deberá necesariamente anexar un documento en que se deixe constancia de que todas as persoas asinantes autorizan unha delas para presentar a solicitude. Este documento realizarase en papel con sinaturas manuscritas e deberá ser escaneado a formato PDF para ser anexado.

Unha vez asinado o formulario de solicitude co IDE, mediante certificación dixital do presentador, e transferidos estes ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.

No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación.

As persoas solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.gal, indicando os 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico en que desexan recibir o xustificante.

Artigo 9. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución e estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e modificacións posteriores destes, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil.

b) Acreditación da representación con que se actúa, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil.

c) Contas anuais correspondentes ao último exercicio pechado para o que se cumpriu o prazo de aprobación legalmente establecido, ou de depósito, no caso de obriga de depósito no Rexistro Mercantil, xunto co informe de auditoría no caso de que a entidade estea obrigada a someter as súas contas a auditoría. Igualmente, as contas anuais de todas as entidades que deban ser tidas en conta para os efectos de determinar a consideración ou non de peme da entidade solicitante.

d) Documentación relativa ao emprego: informe de traballadores en alta (ITA) emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social no mes natural da solicitude de axuda.

e) Informes da vida laboral necesarios para a comprobación do emprego.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade solicitante.

d) NIF da entidade representante.

e) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.

f) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda e Administración Pública.

h) Documentación depositada no Rexistro Mercantil segundo o artigo 9.1 destas bases.

i) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

j) Consulta de concesións pola regra de minimis.

k) Alta do xestor como demandante de emprego (ou de mellora de emprego) a data concreta (con anterioridade á data de contratación obxecto destas bases).

l) Estar inscrito o xestor no Sistema nacional de garantía xuvenil a data concreta (con anterioridade á data de contratación obxecto destas bases).

m) DNI do xestor.

n) Titulación universitaria en comercio internacional do xestor.

o) Titulación de formación profesional de técnico superior en comercio internacional ou certificado de profesionalidade en comercio exterior ou comercio internacional do xestor.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente (anexo I ou anexo IV) e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 11. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo ao enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual

Artigo 12. Órganos competentes

O órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da subvención será a Área de Internacionalización do Igape.

A persoa titular da Dirección da Área de Internacionalización do Igape é o órgano competente para resolver o arquivo, as desistencias e a renuncia de dereitos nos expedientes tramitados na súa área, nos casos previstos na lexislación vixente, por delegación do Consello de Dirección.

A competencia para ditar a resolución, que poña fin ao procedemento na vía administrativa, correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección do Igape.

Artigo 13. Instrución dos procedementos

1. As solicitudes de axuda serán avaliadas polos servizos técnicos do Igape en función dos datos relativos á persoa solicitante e dos datos declarados na solicitude de axuda e no cuestionario.

2. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, se a solicitude ou o formulario non reúnen algunha da documentación ou información previstas nas bases, requirirase a persoa interesada para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se terá por desistido na súa petición e arquivarase o expediente, logo da correspondente resolución.

Instruído o procedemento e inmediatamente antes de ditar proposta de resolución, porase de manifesto ás persoas interesadas para que, no prazo de dez días, poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións pertinentes. Non obstante, poderase prescindir deste trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin se teñan en conta na resolución outros feitos, alegacións ou probas que as aducidas polas persoas interesadas.

Artigo 14. Resolución e notificación

1. A Area de Internacionalización ditará proposta de resolución en base a este procedemento e a elevará á persoa titular da Dirección xeral do Igape, quen resolverá a concesión das subvencións por delegación do Consello de Dirección do Igape.

2. A resolución de concesión da subvención comprenderá a identificación da persoa beneficiaria, contía da subvención e obrigas que correspondan á persoa beneficiaria.

3. Na resolución denegatoria de axuda farase constar o motivo da denegación.

4. As notificacións das resolucións e actos administrativos do procedemento practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. As persoas solicitantes deberán acceder á páxina web do Igape no enlace tramitación telemática (https://www.igape.gal/es/notificacion-telematica) para recibir as notificacións. O sistema solicitará da persoa interesada o seu certificado dixital en vigor e a sinatura electrónica dun xustificante de recepción das notificacións (xustificante de recepción telemático).

5. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será o establecido na resolución da convocatoria. Se transcorrese o prazo máximo para resolver sen que recaia resolución expresa, as persoas interesadas poderán entender desestimadas súas solicitudes por silencio administrativo.

Artigo 15. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro destas bases porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contado a partir del día seguinte ao da notificación da resolución, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Potestativamente, recurso previo de reposición, ante a persoa titular da Dirección da Área de Internacionalización, no caso de recursos de reposición contra as resolucións de arquivamento, por delegación do Consello de Dirección do Igape, e ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, no caso de recursos de reposición contra as resolucións de concesión ou denegación das axudas, por delegación do Consello de Dirección do Igape. En ambos os casos, o prazo para interpoñer o recurso será un mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que de acordo co establecido nestas bases reguladoras se produza o acto presunto.

Artigo 16. Xustificación da contratación

1. A persoa beneficiaria disporá dun prazo máximo de 15 días hábiles a partir da contratación do xestor, para presentar a seguinte documentación acreditativa da contratación dun xestor de conformidade coas bases:

a) Contrato laboral asinado entre as partes e acreditación da súa comunicación ao Servizo Público de Emprego.

O dito contrato debe recoller as medidas de difusión da concesión da axuda establecidas no artigo 18.i) ou, se é o caso, acreditación de ter realizado a empresa a comunicación ao xestor do financiamento público.

Así mesmo, debe incluír, especificamente:

1º. Que o xestor se contrata para tarefas de internacionalización.

2º. Importe mensual do salario bruto, excluídos os custos extrasalariais, que se vai aboar ao traballador.

3º. Que as pagas extras se aboan rateadas con cada mensualidade.

4º. Que o xestor consta de alta no grupo 01 ou 02 de cotización á Seguridade Social, no caso de ter titulación universitaria, e no grupo 04 no caso dos xestores que conten con FP ou certificado de profesionalidade de comercio exterior ou comercio internacional.

5º. Período de proba establecido.

6º. Convenio colectivo aplicable, se é o caso.

7º. Duración do contrato.

b) Vida laboral completa do xestor en que figure a súa contratación por parte da persoa beneficiaria.

c) En caso de titulación universitaria que non sexa específica de comercio internacional, deberá acreditar formación específica de posgrao en comercio internacional: bolsa de prácticas de posgrao en internacionalización empresarial por un período superior a 6 meses, en organismos públicos nacionais ou estranxeiros, dentro do ámbito da internacionalización empresarial; ou mestrado de comercio exterior ou curso completo de comercio exterior de duración igual ou superior a 140 horas.

2. A persoa beneficiaria deberá presentar a documentación mediante copia dixitalizada a través do enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual

Se no prazo sinalado a persoa beneficiaria non achega a documentación, ou se a achegada non cumpre co establecido nestas bases, requiríraselle para que achegue ou emende a documentación exixida nun prazo máximo e improrrogable de 10 días hábiles, con indicación de que, se non o fixer, se considerará que renunciou á axuda concedida e procederase ao arquivamento do expediente.

Artigo 17. Modificación da resolución

Unha vez ditada a resolución de concesión, observarase o establecido no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións, e admitiranse, dentro dos límites xerais establecidos nestas bases, modificacións relativas ao perfil do xestor, tendo en conta que o cambio de xestor contratado cun mesmo perfil do inicial o cun perfil coa mesma intensidade de subvención non implicará modificación da resolución.

Porén, se como consecuencia do cambio do xestor corresponde unha porcentaxe de subvención máis baixa que a inicialmente aprobada, o Igape poderá conceder unha modificación da resolución tendo en conta que o prazo de execución subvencionable máximo da contratación é o indicado na resolución de concesión inicial e que a modificación da subvención non poderá dar lugar, en ningún caso, a un aumento do seu importe.

No caso de cambio de xestor, a persoa beneficiaria deberá achegar a documentación do novo contrato e do novo xestor, xunto coa vida laboral da empresa en que figuren a baixa do anterior xestor e a alta do novo.

Na contratación do novo xestor teranse en conta os requisitos establecidos nos artigos 5.3 e 7.

Artigo 18. Obrigas das persoas beneficiarias

Son obrigas das persoas beneficiarias:

a) Formalizar co xestor un contrato de traballo de conformidade co establecido no punto cuarto da resolución pola que se publican as bases da convocatoria. A contratación será a risco e ventura das persoas beneficiarias, para o caso, que o xestor contratado non cumpra as condicións establecidas no artigo 7 destas bases.

b) Comprobar que o xestor contratado cumpre os requisitos establecidos no artigo 7 destas bases.

c) Dedicar o xestor a tarefas de internacionalización concretadas nun plan de traballo indicado pola persoa solicitante no formulario de solicitude e que vinculará á persoa beneficiaria.

O Igape poderá contrastar co xestor a realización das ditas tarefas de internacionalización mediante cuestionarios periódicos descritivos das tarefas encomendadas.

d) Dar de alta ao xestor na Seguridade Social no grupo 01 ou 02 de cotización á Seguridade Social, no caso de ter titulación universitaria, e no grupo 04 no caso dos xestores que conten con FP ou certificado de profesionalidade de comercio exterior ou comercio internacional, e comunicar a contratación ao Servizo Público de Emprego (SEPE).

e) A persoa beneficiaria está obrigada a aboarlle ao xestor, como mínimo, o salario bruto subvencionable a que fai referencia o artigo 5.5 destas bases, sen prexuízo de que lle corresponda aboar un salario superior acorde coa súa categoría profesional e titulación, e debe asumir a diferenza coa cantidade subvencionada. O contrato debe establecer a liquidación de nóminas ao xestor co rateo de pagas extras.

f) Comunicar ao Igape a solicitude e/ou obtención doutras subvencións e axudas que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

g) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á persoa beneficiaria en cada caso.

h) Manter unha pista de auditoría suficiente, manter de forma separada na contabilidade o ingreso da axuda percibida e conservar os documentos xustificativos.

i) Cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto por parte do Igape, segundo o establecido no anexo III a estas bases.

j) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

k) No caso de non ser quen de realizar o proxecto para o cal se solicita a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza de non execución e, en todo caso, sempre con anterioridade ao vencemento do prazo de execución concedido para o proxecto.

l) Acreditar que o xestor estea dado de alta na bolsa de xestores de internacionalización do Igape, no caso de que non autorice a súa consulta.

m) Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Artigo 19. Xustificación da subvención

1. Para o cobramento da subvención concedida, a persoa beneficiaria, dentro do prazo establecido na resolución de convocatoria, deberá cubrir previamente o formulario electrónico de liquidación a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual. Deberán cubrirse necesariamente todos os campos establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico de liquidación (IDEL) que identificará univocamente a solicitude de cobramento. O devandito formulario conterá os requisitos establecidos no artigo 48 do Decreto 11/2009 para a presentación da conta xustificativa, incluíndo unha relación detallada dos outros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada.

Será obrigatorio cubrir os seguintes campos do formulario:

a) Memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas, tarefas realizadas polo xestor, os resultados obtidos e a previsión de prórroga ou continuación do contrato co xestor.

b) Memoria económica.

c) Ficha resumo de nóminas, cubrindo os seguintes datos relativos á contabilidade en que se reflictan os custos subvencionados, para acreditar a obriga establecida no artigo 18.h) número de asento, data do asento e número de conta contable, xunto cunha declaración responsable do beneficiario de que estes datos reflicten a realidade contable da operación subvencionada.

2. A persoa beneficiaria deberá presentar a solicitude de cobramento mediante o formulario normalizado (anexo II) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Será obrigatoria a inclusión dos 40 carácteres alfanuméricos do IDEL obtido no paso anterior. As solicitudes de cobramento que carezan do IDEL ou nas cales este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) poderán dar lugar á perda do dereito ao cobramento total da subvención no caso de non ser corrixidas, logo de requirimento formulado para tal fin.

3. Unha vez xerada a solicitude de cobramento na aplicación informática, a persoa beneficiaria deberá presentala obrigatoriamente por vía electrónica.

4. No caso de que a solicitude de cobramento non se presentase en prazo ou a xustificación fose incorrecta, requirirase a persoa beneficiaria para que corrixa os erros ou defectos observados no prazo de 10 días hábiles. A falta de presentación da xustificación no prazo improrrogable establecido comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, segundo o disposto no artigo 45.2 do seu regulamento. A presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá a persoa beneficiaria das sancións que, conforme a lei, correspondan. A xustificación cumprirá, en todo caso, os requisitos establecidos nos artigos 28 e 30 da devandita Lei 9/2007.

5. Xunto coa solicitude de cobramento, a persoa beneficiaria da axuda presentará a seguinte documentación:

a) Documentación xustificativa do gasto: documentos acreditativos dos gastos de nóminas e da relación detallada doutros ingresos e subvencións que financiasen a actividade subvencionada, con indicación do seu importe e procedencia.

b) Documentación xustificativa do pagamento de nóminas, conforme o pagamento ten sido realizado efectivamente dentro do prazo de execución, por algún dos seguintes medios:

Xustificante de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario, ou xustificante electrónico de transferencia bancaria en que conste o código de verificación na sede electrónica da entidade bancaria ou outro mecanismo que garanta a veracidade do xustificante. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento e o importe da nómina. En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do empregado, nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

c) Vida laboral actualizada ao final do período de contratación e declaración do responsable da empresa ou organismo empresarial en que se recollan as situacións e días que supoñen a non execución da actividade polo xestor (baixas por IT, permisos e outras ausencias ao traballo distintos das vacacións e días de asuntos propios establecidos por contrato).

d) A copia –que permita a súa lectura– de material onde se aprecie que se cumpriu a obrigatoriedade de comunicación do financiamento público citada no artigo 18.i) destas bases.

O Igape poderá solicitar as aclaracións pertinentes á documentación presentada.

A persoa beneficiaria deberá presentar a documentación xustificativa obrigatoriamente por vía electrónica.

A persoa beneficiaria responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega das copias dixitalizadas implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

6. En todos os casos, as persoas beneficiarias deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda Pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social. No caso de que a persoa beneficiaria se opoña á consulta ou non preste o consentimento expreso, deberá achegar as certificacións xunto co resto da documentación xustificativa.

7. Advírtese que calquera discrepancia entre a documentación xustificativa e as declaracións da solicitude de axuda poderá ser motivo de inicio de expediente de incumprimento que, se é o caso, poderá supor a modificación ou deixar sen efecto a concesión e o reintegro, se é o caso, das cantidades previamente aboadas.

8. Cando a persoa beneficiaria da subvención poña de manifesto na xustificación que se produciron alteracións das condicións tidas en conta para a concesión desta que non alteren esencialmente a natureza ou os obxectivos da subvención, e que puidesen dar lugar á modificación da resolución conforme o artigo 17 destas bases, despois de omitirse o trámite de autorización administrativa previa para a súa aprobación, o órgano que concede a subvención poderá aceptar a xustificación presentada, sempre e cando tal aceptación non supoña danar dereitos de terceiros. A aceptación das alteracións por parte do Igape no acto de comprobación non exime a persoa beneficiaria das sancións que poidan corresponderlle conforme a Lei de subvencións de Galicia.

Artigo 20. Aboamento das axudas

1. O aboamento da axuda realizarase unha vez que o Igape considere xustificado o cumprimento das condicións dentro do prazo establecido na resolución de concesión.

Os órganos competentes do Igape poderán solicitar as aclaracións, orixinais da documentación ou informes relativos á xustificación do proxecto que consideren convenientes.

O réxime de pagamento deberá cumprir o establecido no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no título IV do seu regulamento.

2. As persoas beneficiarias poderán solicitar un anticipo de ata o 50 % do importe da subvención total concedida, marcando esta opción na solicitude de cobramento, unha vez notificada a resolución de concesión e dentro do prazo indicado nela. A solicitude de anticipo será obxecto de resolución motivada polo órgano que concede a subvención. O importe do anticipo non poderá exceder a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario. Exímense as persoas beneficiarias da obriga de constituír garantías, logo da súa autorización polo Consello da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 67.4 do Decreto 11/2009.

Artigo 21. Perda do dereito á subvención e reintegro das axudas

1. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación do cumprimento do proxecto, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras, das obrigas contidas no artigo 33 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, ou na demais normativa aplicable, o que dará lugar, se é o caso, á obriga de devolver total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes.

2. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobramento da subvención e para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior será o establecido no título II da Lei 9/2007.

3. Procederá a perda do dereito ao cobramento total da subvención concedida, sen prexuízo da incoación do oportuno expediente sancionador, nos seguintes casos:

a) Non aboarlle ao xestor as contías establecidas no artigo 5 destas bases ou non xustificar polo menos o 30 % do importe de contratación subvencionable indicado na resolución.

b) Obter para o mesmo concepto subvencionable outras subvencións ou axudas.

c) Non dedicar o xestor a tarefas de internacionalización.

d) Non formalizar o contrato cun xestor que cumpra as condicións das bases no prazo establecido na resolución de concesión.

e) Non dar de alta na Seguridade Social ao xestor contratado no grupo 01 ou 02 de cotización no caso de ter titulación universitaria, e no grupo 04 no caso dos xestores que conten con FP ou certificado de profesionalidade de comercio exterior ou comercio internacional, e/ou non comunicar ao SEPE o contrato de traballo.

f) Non permitir as actuacións de comprobación do Igape.

4. Perda do dereito ao cobramento parcial da subvención concedida: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomados en conta na concesión das axudas, o Igape poderá apreciar un incumprimento parcial e deberá resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, se é o caso, establecendo a obriga de reintegro cos seguintes criterios:

a) As rescisións do contrato antes da finalización do período de contratación subvencionable serán causa de redución do gasto subvencionable proporcional ao número de días deixados de realizar. Neste suposto, a persoa beneficiaria poderá contratar un novo xestor que cumpra os requisitos destas bases solicitando a modificación da resolución no caso de que o novo perfil implique unha porcentaxe de subvención máis baixa.

b) No caso de incumprimento doutras condicións, o seu alcance será determinado en función do grao e entidade da condición incumprida:

1º. Suporá a perda dun 5 % da subvención concedida non comunicar ao Igape a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.

2º. Suporá a perda dun 2 % da subvención concedida non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os conceptos financiados.

3º. Suporá a perda dun 2 % da subvención concedida non dar publicidade ao financiamento do proxecto, de acordo co establecido no artigo 18.i) destas bases.

Artigo 22. Réxime sancionador

Ás persoas beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 23. Fiscalización e control

As persoas beneficiarias destas subvencións someteranse ás actuacións de control que realice o Igape para o seguimento das accións aprobadas e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, así como ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Artigo 24. Comprobación de subvencións

1. Previamente ao seu aboamento, o órgano que concede a subvención comprobará a xustificación adecuada da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención. O prazo para a comprobación material de nóminas e xustificantes de gasto será de 4 anos desde a súa presentación.

2. Para todo o non previsto nos puntos anteriores será aplicable o disposto no artigo 30 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e nos artigos 57 e seguintes do seu regulamento.

Artigo 25. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 26. Remisión normativa

1. Para todo o non previsto nestas bases aplicarase a seguinte normativa:

a) Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013); Regulamento (CE) núm. 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño de 2014, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28.6.2014) e Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013), modificado polo Regulamento (UE) núm. 2019/316 da Comisión do 21 de febreiro de 2019 (DOUE L 51, do 22 de febreiro).

b) Na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) No Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

d) Na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

e) No Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento.

f) Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

g) Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos).

h) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

i) No resto da normativa que resulte de aplicación.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file