Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 3 de maio de 2023 Páx. 27428

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2023 pola que se fai pública a baremación provisional dos méritos acreditados polos aspirantes no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría de programador/a, grupo III de persoal laboral fixo.

Mediante a Resolución do 23 de decembro de 2022 (DOG núm. 248, do 30 de decembro) convocouse o proceso selectivo mediante concurso. Tras reunirse a Comisión de Selección para a baremación provisional, resólvese:

1. Publicar na páxina web do Cesga (www.cesga.es/programador-a-proceso-extraordinario) as puntuacións provisionais obtidas polos aspirantes para os criterios fixados nas bases.

Concédese un prazo de dez días hábiles para reclamacións, contados a partir do día seguinte ao desta publicación no Diario Oficial de Galicia, que terán que facer por escrito dirixido ao presidente da Comisión de Selección.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2023

Lois Orosa Nogueira
Director xerente da Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico
de Supercomputación de Galicia