Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 3 de maio de 2023 Páx. 27359

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2023 pola que se amplía o prazo establecido de resolución do concurso de méritos do persoal funcionario de administración e servizos, convocado mediante a Resolución do 30 de setembro de 2022.

Mediante a Resolución do 30 de setembro de 2022 convocouse un concurso de méritos para a provisión de postos de traballo do persoal funcionario de administración e servizos (DOG do 13 de outubro).

Na base sétima da convocatoria establécese: «Esta convocatoria resolverase no prazo máximo de seis meses contados desde o remate do prazo de presentación de solicitudes», o cal rematou o 4 de novembro de 2022, polo que o prazo máximo de seis meses para resolver o concurso remata o vindeiro 4 de maio de 2023.

Por mor da concorrencia de diversos procesos selectivos, así como doutros procedementos e circunstancias que condicionaron a tramitación do concurso impedindo cumprir o prazo máximo de resolución, faise preciso, tal e como prevé o artigo 23 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ampliar o prazo máximo para resolver este procedemento de concurso de méritos.

En consecuencia, esta reitoría, en uso das atribucións que ten conferidas pola Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e polos estatutos da Universidade de Vigo,

RESOLVE:

Primeiro. Ampliar en catro meses o prazo de resolución do procedemento, de acordo co establecido na base sétima da Resolución do 30 de setembro de 2022 pola que se convocou un concurso de méritos para a provisión de postos de traballo do persoal funcionario de administración e servizos.

Segundo. Contra esta resolución non cabe recurso, de conformidade co artigo 23.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 28 de abril de 2023

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo