Advertido un erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 77, do 21 de abril de 2023, é preciso facer a seguinte corrección:
Na páxina 24552, letra c) do artigo 3, onde di: «c) Ter a nacionalidade española, agás para o caso dos netos ou netas de galegos»; debe dicir: «c) Ter a nacionalidade española».
Esta corrección de erros implicará a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes, dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta corrección no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.