Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 4 de maio de 2023 Páx. 27441

III. Outras disposicións

Presidencia da Xunta de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Extracto da Resolución do 13 de abril de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a participación no programa Conecta con Galicia, dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas e que residan no exterior, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento PR930A).

BDNS (Identif.): 688689.

Advertido un erro no referido extracto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 77, do 21 de abril de 2023, é preciso facer a seguinte corrección:

Na páxina 24572, na epígrafe Primeiro. Persoas participantes, no punto 1 onde di: «c) Ter a nacionalidade española, agás para o caso dos netos ou netas de galegos»; debe dicir: «c) Ter a nacionalidade española».

Esta corrección de erros implicará a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta corrección no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.