Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 4 de maio de 2023 Páx. 27659

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Galicia Europa

EXTRACTO da Resolución do 19 de abril de 2023 pola que se convocan catro bolsas de formación, dirixidas a persoas cun título universitario ou cun título de técnico superior de formación profesional, para a realización de prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea na oficina da FGE en Bruxelas (código de procedemento PR770N).

BDNS (Identif.): 690832.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

As persoas que sexan naturais de Galicia ou fillos/fillas de galegos ou acrediten, mediante empadroamento, residencia en Galicia polo menos desde os dous anos anteriores á publicación da convocatoria, e que posúan o título académico necesario para a modalidade a que se presentan ou xustificante do pagamento das taxas que dan dereito á expedición do devandito título. Os estudos conducentes á obtención do título deberán terse rematado dentro dos seis (6) anos anteriores ao da publicación da convocatoria.

Segundo. Obxecto

Esta resolución ten por obxecto convocar tres (3) bolsas de formación dirixidas a persoas cun título universitario e unha (1) bolsa de formación dirixida a persoas cun título de técnico superior de formación profesional, para a realización de prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea na oficina da FGE en Bruxelas.

Terceiro. Bases reguladoras

Ás bolsas convocadas por esta resolución seranlles de aplicación as bases reguladoras recollidas como anexo I da Orde do 31 de xaneiro de 2022 pola que se autoriza a Fundación Galicia Europa a conceder subvencións e se aproban as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación, dirixidas a persoas cun título universitario ou cun título de técnico superior de formación profesional, para a realización de prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea (código de procedemento PR770N).

Cuarto. Importe

O importe total da bolsa distribuirase do seguinte xeito:

– Retribución bruta (pagamento á persoa bolseira): 14.850,00 €.

– Axuda de desprazamento para gastos de viaxe (pagamento á persoa bolseira): 500,00 €.

– Seguridade Social: 591,69 €.

– Seguro adicional de cobertura sanitaria en Bélxica: 71,25 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes e da documentación complementaria será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2023

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente da Fundación Galicia Europa