Co obxecto de realizar a convocatoria para o curso 2023/24 de autorización do Programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado (Cuale) nos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia, esta dirección xeral resolve anunciar:
Primeiro. Que a regulación e convocatoria de autorización do Programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado (Cuale) para o curso 2023/24 estará dispoñible no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, http://www.edu.xunta.gal/portal
Segundo. Os centros que desexen implantar o programa Cuale deberán facer a correspondente solicitude en liña completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación a que se accede na ligazón http://www.edu.xunta.es/programaseducativos, no programa correspondente Cuale.
Terceiro. Que o prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 10 de xuño de 2023.
Santiago de Compostela, 25 de abril de 2023
Judith Fernández Novoa
Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa