Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 5 de maio de 2023 Páx. 27961

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 13 de abril de 2023 pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso libre e promoción interna, polo sistema selectivo de concurso, para o ingreso en diferentes escalas e subescalas para a estabilización do emprego temporal do persoal de administración e servizos.

Advertido un erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 77, do 21 de abril de 2023, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 24725, onde di: «Iván Carlos Area Carracedo, profesor titular de universidade da Universidade de Vigo», debe dicir: «Iván Carlos Area Carracedo, catedrático de universidade da Universidade de Vigo».