Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 5 de maio de 2023 Páx. 27959

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 25 de abril 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomean novos membros do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso, na condición de persoal fixo, en diversas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro).

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 12 de abril de 2022 (DOG núm. 74, do 18 de abril de 2023), nomeouse o tribunal cualificador para o ingreso, entre outras, nas clases de ATS/DUE e licenciado/a en Farmacia.

Na base sétima da Resolución do 24 de novembro de 2021, de convocatoria do proceso, disponse que a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se nomeen os novos membros que teñan que substituír os que perderon a súa condición por algunha das causas previstas.

De conformidade coa mencionada base, e por circunstancias sobrevidas, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

ACORDA:

Nomear, con efectos desde a data da presente resolución, novos membros, na condición de vogal titular do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso nas clases de ATS/DUE e licenciado/a en Farmacia, convocado pola Resolución do 24 de novembro de 2021 (DOG núm. 235, do 9 de decembro), nos termos que a continuación se indican:

– Tribunal da clase de ATS/DUE.

Vogal titular: Francisco Jesús Represas Carrera. Persoal estatutario. Enfermeiro especialista, en substitución de María José Loimil Garrido. Persoal funcionario da Lei 17/1989. ATS/DUE.

– Tribunal da clase de licenciado en Farmacia.

Vogal titular: Mª Carmen Domínguez Ferreiro. Persoal funcionario da Lei 17/1989. Farmacéutica inspectora de saúde pública, en substitución de Sira Ponte Álvarez. Persoal funcionario da Lei 17/1989. Farmacéutica inspectora de saúde pública.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2023

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos